ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020. RESERVA DE PRAZA.

Segundo se contempla na Orde de 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos,  artigo 10.2 o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado ED550A"

Tamén se poderá cumprimentar a reserva través da aplicación admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  que deberán entregar posteriormente na Secretaría deste centro.

A reserva tamén se poderá formalizar na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.

Aquelas familias do alumnado de 4º curso de Educación Secundaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Fernando Esquio de Neda deberán formalizar a reserva de praza . O prazo de presentación da reserva de praza será do 1 ao 15 de febreiro.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.