Skip to Content

CONFERENCIA DIDÁCTICA

O mércores 23 de xaneiro o alumnado de 3º a 6º de Primaria asistiu na Casa da Cultura, á Conferencia “De Profesión…¡Árbitro! Y a ti… ¿Te apetece?” que tivo lugar dentro do marco do proxecto “Disfruta do teu Patio” que se está a desenvolver no centro. Visitounos o árbitro de fútbol Ignacio Iglesias Villanueva que na actualidade leva a cabo a súa actividade na Primeira División de Fútbol. Moitos nenos e nenas xa o coñecían pois é un habitual colaborador no proxecto LÓVA desde que este botara a andar no noso centro no ano 2013.

Os temas a tratar foron diversos e moi interesantes xa que se falaron dos valores que deben estar presentes na arbitraxe e en todas as facetas da vida: respecto, empatía, gratitude, paciencia, esforzo… e se afondou na parte máis descoñecida desta profesión.

 

Tanto o alumnado como o profesorado quedamos moi agradecidos pola visita xa que disfrutamos moito e aprendemos cousas que serán de moito proveito.  

 

 



blog | by Dr. Radut