Eleccións ao Consello Escolar

O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todos os pais/nais/titores legais e alumnado a participar neste proceso electoral.

Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 2 representantes do sector pais/nais/titores legais ( un deles pertencente ao ANPA), 4 do profesorado e 2 do alumnado no Consello Escolar do centro.

A Xunta Electoral, reunida o 8 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral:

DO 9 AO 14 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive)

  • Exposición dos censos electorais de nais/pai/titores legais, profesorado, alumnado e persoal deAdministración e servizos. Durante este período poderanse presentar reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro no edificio de E. Secundaria e na sala de profesores respectivamente.

Impreso para presentar reclamacións ao censo.

  • Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 14 ás 14 horas.

Impreso para presentación de candidatura.

Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido á directora do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na secretaría / dirección do centro ou pode descargalos da web.

19 DE NOVEMBRO

Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a:

  • Proclamación das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais e modelos de papeletas.
  • Publicación de candidaturas.
  • Sorteo público, ás 12:30 horas na dirección do centro para a designación dos integrantes da mesa electoral para a votación dos distintos sectores da comunidade educativa. As persoas que resulten designadas nos sorteos para formar parte da Mesa Electoral comunicaráselle por escrito coa suficiente antelación.

Os membros das mesas Electorais e os electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas, seralles de aplicación o artigo 117 da Lei 2/2015, do 29 de abril ( DOG do 4 de maio ) do emprego público de Galicia.

29 DE NOVEMBRO

Votacións. (o horario está pendente da decisión da Xunta Electoral, Serán publicados no seu momento)