Participación de alumnado nun obradoiro de Robótica.

Co gallo da visita dos participantes no programa europeo "Robotdance", o Centro de Formación e Recursos de Ferrol organizou un obradoiro de Lego Mindstorms EV3 impartido por profesorado do Campus de Ferrol.

Coma participantes en dito programa europeo acudimos con 4 alumnos de 6º de Educación Primaria que, a pesares das barreiras lingüísticas (o obradoiro impartiuse en inglés), obtiveron unha experiencia moi satisfactoria.