O noso centro, seleccionado para participar na "Semana STEM".

Hoxe aparece publicada na páxina web da Consellería de Educación a resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar na actividade "Semana STEM" 2018.

Esta actividade está organizada pola Consellería de Educación co ánimo de desenvolver as coñecidas coma "vocacións STEM". STEM é o acrónimo inglés de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas.

Así, alumnado de 1º da ESO desenvolverá variadas actividades relacionadas con aspectos coma a robótica, a programación, impresión 3D, etc., no periodo comprendido entre o 18 e o 24 de novembro.

Resulta preciso destacar que, nesta edición, o noso centro acadou a maior puntuación entre tódolos centros presentados. E isto é debido en gran parte a cumprir requisitos dos criterios de selección coma ofertar en ESO a materia de libre configuración "Programación", impartir "Robótica" coma área de libre configuración en 4º de Educación Primaria, participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en Primaria", e ser centro Edixgal (libros de textos dixitais en 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO).