ENTREGA DE BOLETÍNS E MATRÍCULA EN SECUNDARIA

Lembrade que hoxe ás 11 da mañá farase entrega de notas en 1º, 2º e 3ºESO. Os de 4ºESO recibiranas, xunto con outra documentación, no seu acto de graduación que empeza sobre as 12 e media na Casa da Cultura do Concello.

Importante: xa empezou o prazo de matrícula. Os de 1ºESO xa puideron facelo onte día 25 e tamén hoxe 26. Os de 2ºESO terán que vir mañá 27 de xuño. Os de 3ºESO o xoves 28 e finalmente os de 4ºESO o venres 29 de xuño.