CAMBIO HORARIO NO COLEXIO

Lembrade que mañá venres empezamos co horario da xornada contínua que temos concedida para setembro e xuño.

Empezamos ás 9 e media da mañá, como sempre, e saímos todos os días ás 2 en infantil e primaria e ás 2 e media na ESO. Os usuarios de comedor marcharán para as súas casas no transporte escolar ás 3 e media. Ou sexa NON TEMOS TARDES OS MARTES E XOVES.