XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS

O luns día 28 de maio teremos a tradicional xornada de portas abertas para o alumnado de 4º de infantil do curso 2018-19. A iso das 10:30h da mañá tanto nenos e nenas como papás e mamás asistirán a unha sesión de contacontos e farán un percorrido polas instalacións do colexio co obxectivo de familiarizar ao alumnado co centro educativo.

Xa despois, pola tarde, a iso das 16:00h haberá unha sesión informativa só para as familias.

Esperámosvos a todos o luns. Un saudo.