Actividades da Semana das Letras Galegas

Marcapáxinas María Victoria Moreno

 Hoxe repartimos un marcapáxinas dedicado a María Victoria Moreno entre o alumnado do centro. Pero, non foi a única actividade que  o Equipo de Biblioteca (en colaboración co EDLG) realizou ao longo destes días sobre a escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas. De feito, estamos levando a cabo unha que nos gusta moito: "Un maio para María Victoria Moreno". Construímos un maio pequeniño que o alumnado de 1º de ESO encheu con flores e cadeliños de papel nos que escribimos anaquiños da obra infantil de María Victoria. Onte seis alumnos e alumnas deste curso foron "contárllelo" ao alumnado de Educación Infantil (que nos agasallou cuns versos de María Victoria recitados entre todos) e ao alumnado de 1º de Educación Primaria que nos recibiu moi atentamente na súa aula. O vindeiro luns está previsto que de novo visiten ao alumnado de primaria. Moitas grazas ao profesorado e alumnado participante por compartir estas lecturas tan especiais. Por certo, na nosa aula virtual podedes acceder a algúns recursos relacionados coa autora homenaxeada.

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
marcador.pdf388.35 KB
IMG_20180515_133318.jpg4.45 MB
IMG_20180515_132300.jpg3.56 MB
IMG_20180511_121534.jpg3.69 MB