Skip to Content

VISITA Á PLANTA DE INTASA

Hoxe, o alumnado de ensinanzas aplicadas de 4ºESO tivo a oportunidade de visitar a planta de INTASA en San Sadurniño. Durante unha hora o seu director Ignacio Martínez explicoulles moi amablemente as diferentes etapas do proceso de transformación de madeira en taboleiro DM, melamina e tarima flotante, que tan presentes están xa nas nosas vidas. Unha empresa punteira, referente na zona. Grazas polas atencións recibidas por parte do persoal da fábrica e ao alumnado polo seu interese e comportamento exemplar.

 

VISITA Á PLANTA DE INTASA


image | by Dr. Radut