VISITA DE 4ºESO ÁS PONTES

VISITA DE 4ºESO ÁS PONTES

O pasado martes 8 de maio o alumnado de 4ºESO tivo a sorte de poder visitar, nunha visita organizada polo Dpto. de Tecnoloxía, a central térmica de As Pontes e a empresa mecanizados Acebrón.

Na visita á central de ENDESA pasaron pola saa de control e puideron entrar nunha das torres de refrixeración así como achegarse ao parque de carbóns, para comprobar a maxestuosidade dunha planta que supón un dos puntais empresariais do país.

En Acebrón comprobaron a dificultade de fabricar con precisión milimétrica estruturas e pezas dun tamaño espectacular. Algunhas, como a da foto que acompaña este texto, destinadas a levar a auga nas centrais hidroeléctricas ata as turbinas para que se produza ese proceso asombroso no que obtemos a electricidade que tanto precisamos para levar a vida que levamos. Mandrinadora de columna móbil TOS VARSDORF..aí queda iso¡¡¡ ese é o nome técnico da peza que podedes ver na foto...

Parabéns ao alumnado participante, con comportamento sobresainte e ás profesoras acompñantes, Teresa Vispalia e Marta Díaz, por facilitar un achegamento da escola ao mundo da industria e a tecnoloxía, cuxos caminos teñen que transcorrer sempre paralelos.

AdxuntoTamaño
IMG-20180509-WA0001.jpg266.33 KB