DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Onte mércores 25 de abril festexamos o Día da Educación Física na Rúa saíndo ao exterior para gozar dunha horiña de movemento e diversión. Desde os máis pequenos de 3 anos ata os maiores de 4ºESO correron, bailaron muiñeira e hip-hop, practicaron Voleibol, saltaron á corda, atrevéronse co parkour, camiñaron con zancos...en definitiva, amosaron que a Educación Física é unha excelente escusa para integrarnos co entorno. Nos tempos que corren nunca está de máis aparcar as tablets e os móviles para respirar, suar e sentir que estamos vivos.

Grazas ao Concello por cortar a rúa para nós durante unha horiña e noraboa a todos aqueles que participaron e organizaron a sesión, principalmente aos profesores de Educación Física, Iván en Primaria e Infantil e Alberto en Secundaria e tamén a "Meteoro" o Deus da chuvia, que parecía que quería estar presente pero que ao final foi dar unha volta mentras durou a actividade, ;-)