INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

Nos arquivos que se xuntan podedes atopar toda a información relacionada sobre o proceso de admisión de alumnado que empeza mañá día 1 de marzo en todos os centros públicos e remata o 20 do mesmo mes.

No primeiro atoparedes información sobre lexislación que rexe o proceso, documentación a presentar, prazos a cumprir, vacantes, etc

Nos dous seguintes aparecen os nomes do alumnado admitido procedente dos centros adscritos.

A continuación tedes o impreso oficial de solicitude de praza.

Tamén xuntamos documentos relativos as letras que sairon no sorteo para desempates e as instrucións da dirección xeral de centros e da xefatura territorial respecto ao proceso.

Para que nos se vos pase ningún prazo poñemos a continuación o calendario do proceso:

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO

PARA O CURSO 2018-2019

Presentación solicitude admisión                                                                    anexo II da Orde de admisión

DO 1 AO 20 DE MARZO

Presentación de documentación xustificativa, (de solicitala o centro, ver punto 6) O 22 de marzo notificarase na web do centro  e no taboleiro si é necesario aportar documentación

       DO 3 DE ABRIL AO 12 DE ABRIL

(NO CASO DE SER NECESARIA A BAREMACIÓN)

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

Poderase formular reclamación, ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación

      ANTES 25 ABRIL

Publicación das listaxes definitivas

       ANTES 15 de MAIO

Formalización da matrícula en EI e EP                                                          (anexo III-1 da Orde de admisión)

       DO 20 De XUÑO AO 2 DE XULLO

Formalización de matrícula en ESO                                                               (anexo III-2 da Orde de admisión)

        DO 25 DE XUÑO AO 10 DE XULLO

Prazo extraordinario de matrícula en ESO

       DO 1 AO 10 DE SETEMBRO

AdxuntoTamaño
información sobre o proceso de admisión.pdf234.43 KB
Admisión centro adscritoMoeche.pdf71.55 KB
admisión centro adscrito Pedroso.pdf71.42 KB
solicitude admisiónpdf.pdf1.01 MB
LETRAS DESEMPATE MATRICULA.pdf193.49 KB
INSTRUCCIONS DX CENTROS 18-19.pdf865.88 KB
INSTRUCCIONS XEFATURA TERRITORIAL 18-19.pdf119.86 KB
vacantes actualizadas.pdf248.13 KB