Skip to Content

MAGOSTO NO COLEXIO

Hoxe vivimos unha xornada diferente no colexio. Celebramos o magosto e desta volta xuntamos a todos os rapaces e rapazas de infantil, primaria e secundaria. Non puidemos celebralo fóra pola meteoroloxía, por iso fixémolo no pavillón de deportes municipal e o resultado podemos catalogalo de excelente. O comportamento do alumnado moi modélico e tanto profesorado como alumnado puidemos degustar unhas boas castañas quentiñas co seu vaso de leite. Grazas especialmente ao Concello por traernos tanto castañeiros como castañas e á ducia de voluntarios de ESO que llas pelaron aos nenos e nenas de infantil e 1º prim.

Foi unha bonita mañá que rematou cos de primaria e 1º ESO bailando o peon e para poñer o punto diferente á xornada, no comedor arrincamos coa campaña "UN PAÍS PARA COMELO" dedicado ás comidas rexionais típicas españolas. Empezamos hoxe con Asturias, e qué mellor que unha fabada e un cachopo para entrar en calor nesta fría mañá de novembro.

Parabéns para todos por colaborar...e colaborar ben.

Xuntamos unha escolma de fotos da mañá como testemuña da xornada.

MAGOSTO NO COLEXIO
AdxuntoTamaño
axudando aos máis pequenos.JPG4.35 MB
todos xuntos no magosto.JPG4.28 MB
visión xeral do pavillón.JPG3.48 MB
magosto en sansa.jpg1.45 MB
axudando aos de 3 anos.JPG645.77 KB
desafiando á chuvia.jpg674.58 KB
os de 6º prim.JPG907.71 KB
os da ESO.JPG608.45 KB


image | by Dr. Radut