RESOLUCIÓN PROVISIONAL PROXECTO E-DIXGAL

Acaba de facerse pública a relación provisional de centros aos que lle foi concedido ou non o proxecto E-Dixgal, polo que se substitúen os libros de texto impresos por recursos dixitais en ordenador. 

O CPI de San Sadurniño foi seleccionado entre os admitidos polo que case con toda probabilidade

NON HABERÁ LIBROS DE TEXTO O CURSO 2017-18 EN 5º E 6º DE PRIMARIA MÁIS EN 1º E 2º DE ESO

Así que xa sabedes, os que teñades fillos/as nestes niveis educativos

NON MERQUEDES NINGÚN LIBRO DE TEXTO.

A resolución definitiva darase a coñecer despois dos 10 días hábiles para posibles reclamacións.