Skip to Content

Blogues

VISITA Á CASA MUSEO DE EMILIA PARDO BAZÁN E TALLER DE ROBÓTICA

Os alumnos de 2º e 4º ESO visitaron o xoves 28 de febreiro a casa museo de Emilia Pardo Bazán (sede da Real Academia Galega) e a fundación Barrié onde participaron nun taller de robótica.

taller1

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2013/2014

Publicada a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

Xúntanse os anexos cos formularios de admisión de alumnado e matrícula, que os usuarios poderán cubrir e imprimir para a súa presentación no centro.

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
Publicación de vacantes 4 de abril

Presentación solicitude admisión

(anexo II da Orde de admisión,

DNIs dos pais, DNI do alumno ou folla do libro de familia na que está inscrito o alumno)

Entrevista coa orientadora do centro (ver información máis abaixo)

DO 5 AO 17 DE ABRIL

Presentación documentación xustificativa

(en caso de solicitala o centro)

do 22 de abril ao 3 de maio
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos ate o 10 de maio
Publicación das listaxes definitivas antes do 31 de maio

Formalización da matrícula en EI e EP

(anexo III-1 da Orde de admisión)

do 20 ao 30 de xuño

Formalización de matrícula en ESO

(anexo III-2 da Orde de admisión)

do 25 de xuño ao 10 de xullo
Prazo extraordinario de matrícula en ESO do 1 ao 10 de setembro

 

  • Entrevista coa orientadora do centro

A solicitude de admisión dun alumno no noso centro vai acompañada dunha entrevista persoal coa orientadora do noso centro.

Co obxectivo de axilizar a entrevista é conveniente levar cuberto o seguinte cuestionario:

CUESTIONARIO DE DATOS PREVIOS Á ESCOLARIZACIÓN

Á entrevista deberá asistir o pai ou a nai e o alumno para o que se solicita a admisión. No caso de non poder asistir o mesmo día que se entrega a solicitude concertarase unha cita para outro día.

  • Criterio i) a elección do consello escolar do centro

En reunión celebrada o mércores 3 de abril de 2012, o consello escolar do centro acordou establecer o seguinte criterio:

  Existencia de familiares directos que colaboran no coidado do alumno/a con domicilio na zona de influencia do centro.

 

  • Lexislación e instruccións que rixen o proceso de admisión:

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado

Instruccións da Xefatura Territorial acerca do proceso de admisión do alumnado

Instruccións da Dirección Xeral de Recursos Humanos acerca do proceso de admisión

Criterio i) a elección do consello escolar do centro

Para resolver calquera dúbida dirixirse á Secretaría do centro.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2013/2014

O proceso de admisión de alumnado para o curso 2013/2014 en espera de aprobación da Orde que o regule.

Dende o centro recomendamos estar pendentes do prazo de reserva de praza entre o 5 e o 17 de abril.

Crias de Cebra

Alevin de Peixe cebra

Eiquí temos os primeiros resultados do proxecto "Una cebra en el agua". Hoxe rexistramos a existencia de 11 alevíns de peixe cebra, despois de 3 semanas. A fotografía está tomada con cámara dixital sobre ocular de lupa a 20 aumentos. O tamaño real é apenas de 1 mm. ¿cántos días terá este alevín?

CIRCULAR Nº 9 - ENTROIDO

  • Entroido 

Durante esta semana os alumnos do centro cumpriron os mandados do Meco, anticipando a festa do Entroido que celebraremos este venres.

Mañá xoves celebraremos o entroido no comedor cun cocido e orellas de sobremesa.

Como xa é tradición, todos os cursos dende infantil a secundaria disfrazaranse. O desfile comezará a partir das 12:00, sairemos do colexio cara ó concello, se o tempo o permite

Cómpre agradecer a colaboración da ANPA cunha compañía de animación para os alumnos de infantil e primaria e entregará premios aos mellores disfraces para os alumnos de secundaria.

Os alumnos de 4º de ESO venderán doces de Entroido para sufragar á súa viaxe de estudos.

 

·           Recollida de alumnos o día do festival

Os pais que teñan pensado recoller aos seus fillos despois do festival e non o fagan habitualmente deben enviar unha nota de aviso aos titores.

 

·      Saídas do centro escolar

Segundo recolle o noso Regulamento de Réxime Interno se un alumno usuario do transporte escolar non vai facer uso deste servizo os seus pais deben avisar ao centro e facerse responsables deles.

Detectáronse casos de alumnos que estaban a incumprir esta norma. Para evitar posibles sancións recordade que precisan dunha autorización por escrito dos seus pais.

 

·      Vacacións de Entroido

Por último recordar que o próximo luns 11, martes 12 e mércores 13 non haberá clase.

San Sadurniño, 6 de febreiro de 2013

A Dirección

 

Imaxe de depmat

O CLUB DE CIENCIAS DO CPI SAN SADURNIÑO

Este curso estamos comezando a poñer en marcha un club de ciencias no noso CPI con dúas seccións: primaria e secundaria.

Podedes visitar a nosa aula virtual para ver os proxectos que se están a levar a cabo.

Pode formar parte calquera alumno movido pola curiosidade cara temas científicos: astronomía, bioloxía, informática, meteoroloxía,...e outros moitos que podan xurdir.

 

BOLSAS ESCOLARES E AXUDAS PARA SERVIZOS DE CONCILIACIÓN

O Concello de San Sadurniño convoca as bases reguladoras para a concesión das bolsas escolares e as axudas para sufragar os gastos de servizos de conciliación da vida laboral e familiar.

 

A partida destinada a este efecto é de 20.000 euros, dos cales 15.000 irán destinados ó alumnado de estudos posobrigatorios (bacharelatos, ciclos formativos ou estudos universitarios oficiais) en centros públicos fóra do Concello de San Sadurniño e dentro do territorio de Galicia. Dentro desta partida orzamentaria tamén se destinarán axudas ó alumnado de estudos obrigatorios (Educación Infantil, Primaria e Secundaria).

 

Por outra banda, destinaranse 3.000 euros en concepto de axudas para cubrir gastos de servizos de conciliación da vida laboral e familiar

 

E por último, reservaranse 2.000 euros para atender posíbeis situacións socioeconómicas especiais.

 

As bases e os impresos para a solicitude destas axudas están a disposición das persoas interesadas nas oficinas do Concello ou na páxina web www.sansadurnino.es

 

O prazo para a presentación das solicitudes permanecerá aberto ata 1 de marzo de 2013, agás para as solicitudes de servizos de conciliación nas que o prazo estará aberto ata o 15 de novembro do presente ano.

 

 

Concellería de Educación e Igualdade

Concello de San Sadurniño

Concurso fotográfico sobre ciencia: INVESTIGARTE

No arquivo adxunto podedes consultar as bases deste concurso sobre fotografía científica para escolares da ESO.

OBRAS NO PATIO DE DEPORTES DE SECUNDARIA

O patio de deportes de secundaria está sendo formigonado. O proxecto está financiado e levado a cabo polo concello de San Sadurniño.

Esta é unha foto do ANTES:

patio_secundaria_ANTES

Nos vindeiros días veremos o DESPOIS:

Distribuir contido


by Dr. Radut