LecTuro LiteraTuro

Samaín

Como todos os anos, na última semana de outubro facemos un montón de actividades relacionadas co Samaín, festa de orixe Celta que está moi enraizada no noso Concello. 

 

Comezamos coa decoración da biblioteca, tivemos cinema de medo nos recreos, recomendamos lecturas de medo para todas as idades, puxemos a voar a nosa imaxinación para participar no concurso de cabazas organizado pola Anpa As Lombas e como non... o último día viñemos terroríficamente ben caracterizados para amedrentar a todo aquel compañeiro ou profe que se nos arrimase. 

 

Como non hai festa sen comida... pois tamén comimos unha morea de aterradores doces e lambetadas!!!

 

Non queremos esquencernos das familias. Moitísimas grazas pola vosa colaboración unha vez máis!

 

Ollade ollade se sodes valentes!!!

Actividades de fin de trimestre

Para rematar este segundo trimestre tivemos un montón de actividades: xogo-concurso Kahoot sobre Irlanda, charla sobre as Redes Sociais, a actividade de apadriña un lector e ata fomos plantar árbores!!!!

 

Olla e verás...

 

Distribuir contido