n/d

Día Mundial contra a Violencia de Xénero

Non podemos esquencer unha data tan relevante. Dende aquí, todo o noso rexeitamento.

Tod@s xunt@s contra esta lacra que cada ano se cobra a vida de máis nen@s e mulleres.

E para mostra, o traballo feito polo alumnado de 6º de Primaria. 

 

 

Imos de concerto!!!

Este xoves imos de concerto para desfrutar das actuacións d@s alumn@s da Escola de Música Municipal de Catoira e da actuación do grupo de percusión Píscore.

 

Xa vos contaremos o ben que o pasamos...

 

Samaín

Como todos os anos, na última semana de outubro facemos un montón de actividades relacionadas co Samaín, festa de orixe Celta que está moi enraizada no noso Concello. 

 

Comezamos coa decoración da biblioteca, tivemos cinema de medo nos recreos, recomendamos lecturas de medo para todas as idades, puxemos a voar a nosa imaxinación para participar no concurso de cabazas organizado pola Anpa As Lombas e como non... o último día viñemos terroríficamente ben caracterizados para amedrentar a todo aquel compañeiro ou profe que se nos arrimase. 

 

Como non hai festa sen comida... pois tamén comimos unha morea de aterradores doces e lambetadas!!!

 

Non queremos esquencernos das familias. Moitísimas grazas pola vosa colaboración unha vez máis!

 

Ollade ollade se sodes valentes!!!

Circular Fin de Curso

Achégase a circular de fin de curso. Agardamos que pasen un feliz verán.

 

Gañadora Ipad

Con motivo da viaxe de fin de estudos a Roma, o alumnado de 4º da ESO sorteou un Ipad. Noraboa á gañadora!!! 

 

Agardamos que o disfrutes!! 

Excursión Voz Natura

Ollade que ben o pasamos na excursión que fixemos este sábado, os alumn@s de 4º e 5º de Ed. Primaria, á festa de Voz Natura en Culleredo.

 

Pasámolo estupendamente todo o día xogando e aprendendo un montón de cousas en todos os talleres e actividades. E ademáis portámonos tan ben que as profes prometéronnos levarnos de novo o vindeiro curso escolar!!!!! 

 

XENIAL!!!!!

Distribuir contido