Aniversario Xosé

Onte tivemos un día moi especial lembrando ao noso conserxe Xosé.

Rodeados dos seus familiares, representantes do Concello, antigos compañeiros, familias, alumnado e persoal do centro fixemos un pequeno e  emotivo acto no que quixemos descatar os seus valores e a súa labor como compañeiro e persoa,  dentro desta comunidade educativa.





Os dereitos do neno e a nena

Con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, David del Oro Miguéns, Martín Otero Isorna e Juan Manuel Vázquez Suárez aproveitan para facernos unhas estupendas recomendacións sobre os libros da colección "Os dereitos do Neno e a Nena" que temos na biblioteca. 

 

Non os perdades porque están XENIAAAAAAL!!!!

 

Deporte escolar

 

Amosámosvos as últimas xornadas de Deporte Escolar ás que nos levou o profe de Ed. Física Fernando ao alumnado de 4º, 5º e 6º de EP.

Apadriña un lector

Esquencémonos de amosarvos a nosa actividade favorita de Nadal: Apadriña un lector!!!! 

 

Ademais, tamén tivemos o pracer de recibir a visita dos Reis Magos, ir ao teatro ver o espectáculo do CEMUMA e como non... as festas de aula!!!!

Recomendacións lectoras Nadal

Sempre é bo manter as boas costumes ata cando estamos de vacacións!! Aquí vos recomendamos algúns libros para ler un pouquiño todas as noites antes de deitarse...Guiño

 

Deporte escolar

Neste trimestre asistimos co mestre Fernando a varias actividades deportivas e recibimos a compañeir@s doutros centros cos que disfrutamos practicando diferentes deportes.

 

O 12 de decembro fomos correr á azucareira de Portas os alumn@s de 4º, 5º, 6º de EP e 1º da ESO. 

 

O 19 de decembro, os alumn@s de 1º da ESO xogamos balonmán, fútbol, baloncesto e datchball con compañeiros de Cesures en equipos mixtos. 

 

Día da música

Non pode faltar o noso día da música!!!! Que viva a música e siga!!!


 
 

Día contra a violencia de xénero

Quedounos atrás amosarvos outra das actividades levadas a cabo con motivo do Día contra a violencia de Xénero

.

O magosto

No magosto castañas e castañas.  

Para unha boa dixestión... xogos populares por cada rincón!!!!

Distribuir contido