warning: Invalid argument supplied for foreach() in /srv/www/drupal6/sites/all/modules/cck/content.module on line 1286.

Día contra a violencia de xénero

Quedounos atrás amosarvos outra das actividades levadas a cabo con motivo do Día contra a violencia de Xénero

.

O magosto

No magosto castañas e castañas.  

Para unha boa dixestión... xogos populares por cada rincón!!!!

Conto "Nuno e Tristán"

Os alumn@s de 1ºB de Primaria estiveron a crear o terrorífico conto "Nuno e Tristán". Atrevédesvos a velo...???

 

 

 

n/d

Día Mundial contra a Violencia de Xénero

Non podemos esquencer unha data tan relevante. Dende aquí, todo o noso rexeitamento.

Tod@s xunt@s contra esta lacra que cada ano se cobra a vida de máis nen@s e mulleres.

E para mostra, o traballo feito polo alumnado de 6º de Primaria. 

 

 

Imos de concerto!!!

Este xoves imos de concerto para desfrutar das actuacións d@s alumn@s da Escola de Música Municipal de Catoira e da actuación do grupo de percusión Píscore.

 

Xa vos contaremos o ben que o pasamos...

 

Samaín

Como todos os anos, na última semana de outubro facemos un montón de actividades relacionadas co Samaín, festa de orixe Celta que está moi enraizada no noso Concello. 

 

Comezamos coa decoración da biblioteca, tivemos cinema de medo nos recreos, recomendamos lecturas de medo para todas as idades, puxemos a voar a nosa imaxinación para participar no concurso de cabazas organizado pola Anpa As Lombas e como non... o último día viñemos terroríficamente ben caracterizados para amedrentar a todo aquel compañeiro ou profe que se nos arrimase. 

 

Como non hai festa sen comida... pois tamén comimos unha morea de aterradores doces e lambetadas!!!

 

Non queremos esquencernos das familias. Moitísimas grazas pola vosa colaboración unha vez máis!

 

Ollade ollade se sodes valentes!!!

Distribuir contido