Distribución de froita fresca

DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA NO CPI PONTE CARREIRA

Datos recentes apuntan a que os hábitos alimentarios de escolares a adolescentes non son os máis axeitados para conseguir os obxectivos nutricionais desexables.

Son moitos os programas de alimentación que tratan de habituar aos rapaces a boas costumes relacionadas coa alimentación. (sigue lendo)

Entrega de froita no cole

A entrega da froita por parte do programa FOGGA foi de catro semanas.

OS PEQUES DE INFANTIL FACEMOS ZUME...

Os máis peques fixemos zume de laranxa e zume de limón. O primeiro estaba riquísimo, o segunto... non tanto.

O COCIÑEIRO DE EDUCACIÓN INFANTIL

En Educación Infantil fixemos un cociñeiro moi simpático no que colocamos diariamente o menú.

 

 

VISITA DA CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL E DO MAR

O pasado 7 de xuño contamos coa visita de Rosa Quintana, conselleira de Medio Rural de do Mar, que participou connosco no consumo de froita fresca, nesta ocasión cereixas. 

Segundo destacou a conselleira estes programas teñen por obxectivo formar aos nenos en hábitos de vida saudable e de alimentación equilibrada, fomentando unhas rutinas de consumo de froita e de leite de cara ao futuro, para a prevención de enfermidades cardiovasculares e de obesidade. Ademais, actúan como un sistema de regulación de mercados, promocionando a venda de produtos agrarios.

sentímolo, flash non está dispoñible.

As froitas segundo as estacións

 Traballamos as froitas das diferentes esta

Outras actividades

TALLER DE ALIMENTACIÓN. Realizamos dúas sesións contanto dunha relatora experta na materia: Sandra Ceresuela, da empresa Alimentya, para informar aos rapaces da importancia dunha correcta e saudable alimentación, analizando as vantaxes e inconvenientes no consumo ou non de froita.

 

 

  CONCURSO "cívico" de comportamento ante a comida (bos modais) e alaboración do DECÁLOGO DO COMEDOR.

                

                      (premer na imaxe para agrandar)

    

Powered by Drupal - Design by artinet