Vales adicionais de material escolar

A resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022, e publicada no DOG do 14 de outubro, establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 €, recibirán un vale adicional de 25 €. Infórmase de que xa está dispoñible no centro para a súa recollida, por parte dos responsables, na secretaría do edificio de primaria en horario de mañá.

Powered by Drupal - Design by artinet