Curso 2019-2020

Actividades do curso 2019-20

"Sabores da Lingua" - Letras Galegas - Ricardo Carvalho Calero

Etiquetas :

Compartimos con vós o noso tributo a Ricardo Carvalho Calero no día das letras galegas!

Programacións 3ª avaliación do curso 2019/2020

Están as programacións por cursos.

Tódolos días son bos para ler!

Etiquetas :

Algúns dos alumnos e alumnas de 5º de Primaria comparten algúns dos seus libros preferidos con vós.

Porque tódolos días son bos para ler! 

Día do libro

Etiquetas :

Este ano celebramos o día do libro dende casa. Queremos compartir con vós algúns deses relatos que nos fan soñar.

Xa queda menos para vernos!

Medidas a adoptar en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

Etiquetas :

O centro permanecerá pechado, en principio, ata o día 27 de marzo incluído.

O período de matrícula amplíase unha semana máis despois de que remate o estado de alarma.

Teléfono de contacto: 982 82 81 68

Mail: cpi.poeta.uxionovoneyra@edu.xunta.gal

 

Mulleres emprendedoras do Courel - Celebrando o 8 de marzo

Etiquetas :

Hoxe, conmemorando o día Internacional da Muller, que tivo lugar o pasado 8 de marzo, tivemos a visita de dúas Mulleres Emprendedoras do Courel: Adriana, de Casa Caselo, e Chiña de Delicias do Souto. Faláronnos dos seus comezos e das súas dificultades e valentía á hora de botar a andar as súas ideas de negocio, pero tamén de todo canto lle aportou e lle segue a aportar a aposta que fixeron polo Courel. Ademais responderon a tódalas preguntas que lles realizaron as rapazas e rapaces do cole. Moitas grazas ás dúas!!!

Charlas sobre Paisaxe e Lumes - Programa A Ponte da USC

Etiquetas :

A pasada semana as nenas e nenos do cole recibiron un par de visitas moi interesantes. Dentro do programa A Ponte da USC, viñeron a falarlles das Paisaxes que se atopan no Courel cos cambios que se foron producindo ó longo dos anos e das causas dos Lumes e da importancia da súa prevención. Deixámosvos algunhas fotos!

Xa sabedes! Todo o cole a participar!

Etiquetas :

 

A vindeira semana celebramos a "semana da prensa"! Participa cunha imaxe ou vídeo do teu lugar favorito do Courel!

  

semana prensa

Entroido!!

Etiquetas :

E por fin chegou o Entroido! o venres 21 de febreiro, o noso cole converteuse nun poboado castrexo con algúns romanos e romanas infiltradx!

Pola mañá, acompañounos a Asociación de Recreación Histórica A Castronela, de Friol. Con eles fixemos bolsiñas de coiro e colgantes para completar o noso traxe. Ademais, ensináronnos como facer queixo e despois, perfeccionamos a nosa técnica de tiro con arco.

Xa pola tarde, disfrutamos co contacontos Celso Fernández Sanmartín.

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design