Día das Letras galegas 2017

Antes de comenzar esta nova andaina dos concursos para escoller o cartel e o lema deste ano para o día das letras galegas, os/as membros da Comisión encargada da concesión dos premios ao cartel para o fomento do uso do galego, ante a falsa polémica provocada por intereses que non teñen nada que ver coa realidade neste centro, quere aclarar o seguinte:


1º) A situación lingüística do centro non é precisamente de equilibrio, en canto ao uso cotián dos dous idiomas, xa que predomina dun xeito abafador o castelán sobre o galego.


2º) O Gran Dicionario Xerais da Lingua determina que “lelo” non é unha voz galega e que para os significados desta palabra en castelán, en galego se utiliza a forma “parvo”. Insistimos, para as acepcións que a palabra ten en español. E así, no Diccionario Xerais Castelán Galego recóllese que o castelán “lelo” debe ser traducido por “parvo, aparvado, pampo, pasmado”, catro voces que non son sinónimos perfectos.
Desbotada esa acepción, cabe sinalar que o termo “lelo” si se recolle nos dicionarios históricos, anteriores á normativización de 1982, como é o prestixioso Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano de Eladio Rodríguez González, membro da Real Academia Galega, editado por Galaxia en 1960 e no que se recolle que “lelo” ten as acepcións de “hombre locamente enamorado de una mujer, o mujer perdidamente enamorada de un hombre” e que “en sentido familiar y cariñoso equivale al nombre Manuel”, acepcións nas que non existe ningún trazo semántico negativo. Aínda se poderían citar outros dicionarios históricos (Leandro Carré Alvarellos (1951) “zalamería, mimo”), mais pensamos que é suficiente.
En calquera caso, desde un punto de vista obxectivamete filolóxico, non pode analizarse un termo usado en galego desde a acepción que lle corresponde en español a outra palabra. É dicir, se o cartel puxese “parvo”, que é a tradución para o galego do español “lelo”, non se podería soster tampouco a connotación negativa, pois “parvo” e “lelo” son obxectivamente palabras que se reciben de forma diferente polos falantes en cada lingua e os matices semánticos non son traducibles.
Por tanto, consideramos que non cabe concluír que se está a utilizar un adxectivo despectivo, especialmente cando o propio informe da Valedora di que a ofensa neste caso é “unha cuestión moi subxectiva”, nin que non promova o respecto polas opcións lingüísticas dentro do marco normativo. Por tanto consideramos que non se pode censurar o criterio desta Comisión que elixiu o cartel gañador, que tamén o fixo desde a súa liberdade de interpretación e expresión, igualmente merecedoras de respecto.

3º) Esta Comisión quedou pasmada e alelada, cando entrou na páxina web do valedor/a do pobo, e a viu en castelá, cousa que a o noso entender incumple a normativa vixente.

 

E sen máis dilación:

 

Carlos Casares

 

 @s gañadores/as do día das Letras galegas 2017 foron:

MODALIDADE CARTEL e LEMA

1º POSTO

Autora: Emma Leal Blach, 3º ESO

 

FINALISTAS

Autora: Alexandra Crespo Rodríguez, 2º ESO

 

 

Autora: Ana Layeska Bolívar Tovar, 3º ESO

 

Autora: Zyntia Figueroa Conde, 1º ESO

 

 

E fora de concurso ao entregalo moi tarde pero que se considerou a súa simpatía:

 

 

Autora: Anónimo

Powered by Drupal - Design by artinet