Skip to Content

Benvid@s ao CPI Mosteiro Meis

Covid-19

Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022

Xúntase a Resolución conxunta, do 1 de setembro de 2021, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba o “Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022”.

Información sobre a adaptación do CPI de Mosteiro-Meis ao contexto da covid-19

Plan de adaptación  do CPI de Mosteiro-Meis á situación xerada pola covid-19

O Plan de adaptación para a situación Covid é o documento no que se concretan as medidas axeitadas para garantir a seguridade sanitaria da comunidade escolar, e contribuír para que a taxa de contaxio na nosa comarca non suba.

Plan de continxencia do CPI de Mosteiro-Meis fronte á situación provocada pola covid-19

O plan de continxencia é o documento onde se establecen a medidas que se levarán a cabo en caso de suspensión da actividade lectiva, as medidas para facer efectivo o ensino a distancia e os supostos de reactivación da actividade lectiva presencial, de conformidade coas instrucións da autoridade sanitaria.

Volta ás aulas

Documentación de interese para as familias sobre a volta ás aulas no curso 2020-2021:

Prema aquí para obter máis información sobre a volta segura ás aulas.

Normativa publicada

Achégase a principal normativa publicada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade en orde cronolóxica descendente.

18 de decembro de 2020

Instrucións relativas ao uso dos Servizos Educativos Dixitais Corporativos no marco da emerxencia sanitaria derivada da pandemia por Covid-19

5 de novembro de 2020

Actualización do Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 e protocolo de prevención da transmisión da Covid-19 nas actividades extraescolares nos centros de ensino non universitario
 Recomendacións sobre a ventilación en centros educativos no contexto da Covid-19
 Procedemento de xestión de equipamento para alumnado en situación de fenda dixital. Plan de ensino virtual ante a Covid-19

3 de novembro de 2020

Resolución conxunta, do 2 de novembro de 2020, de Plan de Continxencia ante peches
Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional sobre horarios e ensino virtual ante a Covid-19

23 de setembro de 2020

16 de setembro de 2020

Orde do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

31 de agosto de 2020

 Protocolo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

A seguir achégase a documentación relacionada co Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (actualizado por última vez o 31 de agosto de 2020):

Caixa de suxestións

Se tes algún suxestión para a mellora da adaptación do CPI de Mosteiro-Meis ao contexto da covid-19, podes empregar este formulario para nola facer chegar.

Reunión informativa coas familias do alumnado de Educación Primaria

07/09/2020 19:00
Europe/Madrid

Reunión informativa coas familias do alumnado de Educación Primaria

Distribuir contido


by Dr. Radut