Prema para ver a listaxe de usuarios admitidos.
Abrirase un plazo extraordinario do 1 até o 8 de setembro para aquelas familias que non puideron presentar a solicitude no mes de xullo para ser usuario de comedor escolar. Contacten coa secretaría en caso de dúbida.
Prema para acceder á solicitude do servizo do noso comedor escolar. (Deben presentala na secretaría do centro)
Teñan en conta que a causa das medidas de aillamento por mor da COVID-19, o comedor escolar terá que organizarse en función dos usuarios para manter a distancia mínima esixida. Por isto, o servizo de comedor organizarase tendo en conta a listaxe de usuarios, non podendo facer uso do servizo aqueles que non teñan a solicitude cursada e admitida.
Temos os recibos do pasado mes de marzo a disposición dos usuarios. Para a súa comodidade, poden recollelo de paso que fan a solicitude para o comedor do vindeiro curso. Lembren que para poder facer uso do servizo de comedor non deben quedar recibos pendentes de pago (so para os usuarios NON gratuítos).