
Funcións:
O equipo directivo, órgano executivo do centro, está formado por:
- Director/a: é a persoa de máxima autoridade e responsable da organización e xestión do centro.
- Xefe/a de estudos: encárgase de coordinar a actividade docente, dos asuntos académicos do alumnado e da disciplina.
- Secretario/a: correspóndenlle os aspectos administrativos e económicos.
O titor ou titora: É o profesor ou profesora responsable de cada grupo de alumnos e alumnas. Ten unha importancia esencial na relación entre o centro e as familias, xa que é o seu interlocutor máis inmediato. As súas funcións son:
- Proporcionarlles ás familias toda a información sobre calendario escolar, horarios e actividades.
- Informar o profesorado do grupo e as familias sobre o rendemento académico do alumnado.
- Controlar as faltas de asistencia ou de puntualidade.
- Facilitar a integración do alumnado no seu grupo-clase.
- Coordinar os procesos de avaliación do alumnado e a toma de decisións sobre a súa promoción.
- Orientar o alumnado dunha maneira directa e inmediata no seu proceso formativo.
Equipo docente: É o profesorado que imparte clase a un mesmo grupo de alumnos e alumnas e que está coordinado polo titor ou titora correspondente.
O Departamento de Orientación: As funcións do Departamento de Orientación desenvólvense nos ámbitos da orientación académica e profesional, titoría e apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe e abranguen actuacións co profesorado, co alumnado e coas familias. Estas poderán dirixirse á persoa orientador/a do centro educativo para:
- Solicitar información sobre as medidas de atención ás necesidades educativas existentes no centro.
- Recibir o apoio necesario nos momentos decisivos da escolaridade do alumnado (incorporación ao sistema educativo, cambio de ciclo ou etapa, elección de optativas, remate de ensinano obrigatorio, etc ).
- Solicitar a información necesaria sobre as saídas académicas e profesionais existentes.
- Facilitar a colaboración e coordinación entre o centro educativo, a familia e outros servizos externos.
O Consello Escolar: É un órgano de goberno do centro no que participa toda a comunidade educativa: profesores e profesoras, pais e nais, alumnado (a partir dos 12 anos), persoal de servizos e un representante do concello.
As asociacións de nais e pais (ANPAS): Constitúen as vías de participación das familias nos temas de interese xeral para o centro. As súas inquedanzas son trasladadas ao Consello Escolar polos representantes dos pais e das nais.