Skip to Content

Benvid@s ao CPI Mosteiro Meis

Educación primaria

Listaxe definitiva de persoas usuarias do comedor (setembro de 2020)

Achégase a listaxe definitiva de persoas usuarias do comedor, que poden consultar nesta ligazón.

Se detectan que falta algunha persoa na lista, póñanse en contacto co centro, por vía telefónica, tan axiña como lles sexa posible.

Inicio do curso 2020-2021

Servizo de transporte

Saída do transporte escolar dende o centro:

Luns:

  • Saída do transporte para educación primaria ás 15:00 horas.
  • Saída do transporte para ESO ás 18:10 horas.

Resto de días da semana:

  • Saída conxunta EP e ESO ás 15:50

Reunión informativa coas familias do alumnado de Educación Primaria

O luns, 7 de setembro, realizarase unha reunión coas familias do alumnado de Educación Primaria ás 19.00 h, nas bancadas da cancha de baloncesto do centro

O encontro ten como finalidade informalas das medidas que se van tomar no CPI de Mosteiro-Meis para a adaptación ao contexto da covid-19, así como resolver as dúbidas que poidan ter.

Incorporación gradual do alumnado no curso 2020-2021

O inicio do curso 2020-2021 realizarase de xeito gradual. As datas de inicio marcadas para cada un dos niveis impartidos no CPI de Mosteiro-Meis son as seguintes:

  • 10 de setembro: 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  • 11 de setembro: 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • 16 de setembro: 1º e 2º de ESO.
  • 17 de setembro: 3º de ESO.
  • 18 de setembro: 4º de ESO.

Poden consultar toda a información relativa a esta cuestión na Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21.

Listaxe de usuarios admitidos para o comedor escolar no curso 2020-21

Prema para ver a listaxe de usuarios admitidos.

Abrirase un plazo extraordinario do 1 até o 8 de setembro para aquelas familias que non puideron presentar a solicitude no mes de xullo para ser usuario de comedor escolar. Contacten coa secretaría en caso de dúbida.

Prema para acceder á solicitude do servizo do noso comedor escolar. (Deben presentala na secretaría do centro)

Teñan en conta que a causa das medidas de aillamento por mor da COVID-19, o comedor escolar terá que organizarse en función dos usuarios para manter a distancia mínima esixida. Por isto, o servizo de comedor organizarase tendo en conta a listaxe de usuarios, non podendo facer uso do servizo aqueles que non teñan a solicitude cursada e admitida.

Temos os recibos do pasado mes de marzo a disposición dos usuarios. Para a súa comodidade, poden recollelo de paso que fan a solicitude para o comedor do vindeiro curso. Lembren que para poder facer uso do servizo de comedor non deben quedar recibos pendentes de pago (so para os usuarios NON gratuítos).

Caixa de suxestións

Habilitado un buzón de suxestións ou dúbidas para o equipo directivo ou calquer profesor ou profesora do equipo docente

O obxectivo é facilitar o contacto co profesorado ou coa dirección nestes momentos de confinamento

Proxecto de dixitalización do centro

O noso centro forma parte do proxecto EDIXGAL, que nos achega ordenadores portátiles e libros dixitais como ferramenta de traballo aos cursos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO.

Se queredes saber algo máis sobre este tema premede na imaxe


Se queres saber máis de todo o que estamos facendo no cole entra no noso blog premendo en www.cpimosteiromeis.blogspot.com

Distribuir contido


by Dr. Radut