Galeano
Do Alto da Serra a Zafarina: Meis en microtopónimos
Os topónimos son os nomes que lles damos aos lugares polos que pasamos: terreos, toxeiras, cons, regatos, ríos, outeiros, campos, brañas... Sempre expresan algo significativo do lugar: sobre a vexetación, sobre a persoa propietaria, sobre a orografía, sobre lendas asociadas... Toda unha enorme cantidade de valiosa información que nos permite aprender de nosoutros como pobo e como cultura mesma
O proxecto
O EDNL do CPI do Mosteiro-Meis, co apoio do Concello de Meis, acaba de involucrarse no proxecto Galicia Nomeada que promove a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Xunta de Galicia, para recoller, organizar e poñer en valor os microtopónimos do noso concello.
Os nomes dos lugares para os galegos non son un territorio asunto de menor: Europa vivimos onde no maior concentración de topónimos existe por metro cadrado. Por iso, a Real Academia Galega propuxo que a nosa toponimia fose recoñecida como Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.
Axudamos a conseguilo?
Como participar
Preme nesta ligazón e cubre o formulario coa información sobre o teu microtopónimo. Se tes dúbidas, podes consultar este videotitorial. Envía todos os microtopónimos que queiras!
Entrevista ao concelleiro de Patrimonio, José Ramón Vidal Juviño
Dentro das actividades deste proxecto, o alumnado de 6º de EP realizoulle unha entrevista ao concelleiro de Patrimonio, que podemos ver a continuación:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
doaltodaserraazafarina.png | 160.07 KB |
Do Alto da Serra a Zafarina - folleto informativo.pdf | 1015.8 KB |
DSC_6569.JPG | 6.62 MB |