Skip to Content

Benvid@s ao CPI Mosteiro Meis

Comezo do curso 2021-2022

Educación Primaria (xoves, 9 de setembro)

Alumnado de 1º de Primaria

Os titores e titoras recibirán o alumando de 1º, que virá acompañado do seu pai / nai / ou titor ás 11:00 h (só poderá acceder ao centro un acompañante por alumno/a). Os alumnos entrarán nas aulas cos titores e os pais participarán no acto de presentación, no que recibirán orientacións importantes para o resto do curso.

Para a saída seguirán o horario do resto do alumnado de Primaria.

Resto do alumnado de Primaria

O comezo das clases será á hora de costume, isto é, ás 9:15 h.

Haberá dúas quendas de saída:

  • 14:15 h: alumnado que non fai uso do comedor escolar. Non ten transporte escolar.
  • 15:00 h: alumnado que fai uso do comedor escolar. Ten transporte escolar.

Observación: a partir do xoves, 15 de setembro, o regreso no transporte escolar será ás 15:45 h, agás os luns, que regresarán ás 15:00 h.

Educación Secundaria (mércores, 15 de setembro)

O comezo das clases será á hora de costume, ás 9:15 h.

Cómpre lembrar que o alumnado que non fai uso do comedor non ten transporte escolar os luns ao mediodía.

Haberá dúas quendas de saída:

  • 14:35 h: alumnado que non fai uso do comedor escolar. Non ten transporte escolar.
  • 15:45 h: alumnado que fai uso do comedor escolar. Ten transporte escolar.
  • Os luns haberá clases pola tarde de 16:30 h a 18:10 h.


blog | by Dr. Radut