Skip to Content

Erasmus+

 

Proxecto Erasmus+ "Museo do tempo Meis-Galway"

Accesso ao blog do proxecto Erasmus

O noso proxecto para participar no programa Erasmus+ foi seleccionado. Trátase dun proxecto de 3 cursos de duración de intercambio de boas prácticas entre escolas. A nosa escola socia é Colaiste Iognaid na vila irlandesa de Galway. O proxecto supón unha oportunidade na internacionalización do centro.

Durante os vindeiros 3 cursos (dende 2017 até 2020) desenvolveremos as actuacións previstas, consistentes na catalogación e elaboración de recursos dixitais do noso patrimonio histórico-cultural-natural. O obxectivo é proveer ao noso concello dunha serie de material multimedia (audioguías, folletos, sinalizacións, rutas...) que melloren a oferta turística e a experiencia dos visitantes que se acheguen a Meis.

Este proxecto ten o valor engadido de que Galway no 2020 ostentará a capitalidade cultural europea, sendo presentado neste foro o noso proxecto e as súas conclusións.

Ademais para garantir a difusión, temos pechado un acordo con TVG e TG4 para emitir as accións realizadas en forma de corto de animación, onde os rapaces e rapazas falando nas súas linguas vernáculas (galego e gaélico) serán os que relaten logros acadados.

O proxecto tamén pretende pór en valor as linguas minoritarias propias, sendo todos os materiais que se elaboren accesible en gaélico e galego.

Como intercambio de boas prácticas que é, o proxecto prevé que participen 15 alumnos e alumnas do Mosteiro, e outros tantos de Galway cada ano. 90 estudantes en total ao longo dos tres anos que inercambiarán as súas experiencias unha semana, polo que 15 rapaces e rapazas de Meis viaxarán a Irlanda cada ano.

A información das actividades que se fagan dentro do programa Erasmus+ teñen o seu espazo propio na rede no blog ao que se accede a través do seguinte enlace.

Esta acción Erasmus está enmarcada no noso PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO 

Prema para ver as actividades da semana de intercambio en Meis do ano 2018

 

 

AdxuntoTamaño
informacion planning erasmus inglés.pdf29.02 MB
PDE.pdf528.69 KB


page | by Dr. Radut