Skip to Content

Galeano

Eventos

Selecciona os termos para filtrar os eventos.
Selecciona o tipo filtrar os eventos.
« Xoves Setembro 08, 2022 »
Xov

O xoves 8 de setembro darán inicio as clases do curso 2022-23 en todas as etapas educativas do CPI Mosteiro-Meis.

Os servizos de transporte e comedor xa estarán dispoñibles dende a primeira xornada.

A excepción do alumnado de primeiro de educación primaria, aos que recibiremos ás 11:00 horas, os horarios serán os habituais:

  • Horario de entrada as 09:15 horas
  • Horario de saída: ás 14:15 horas para educación primaria, e ás 14:35 horas para ESO.
  • Horario de comedor escolar:
    • Quenda de Educación primaria: dende as 14:15 até as 15:00 horas.
    • Quenda da ESO: dende as 15:00 até as 15:45 horas.
  • Os horarios e rutas de transporte pode consultalos nesta web no apartado Sevizos->Transporte.

O primeiro día o alumnado da ESO dirixirase ao polideportivo cuberto para ser repartido nas diferentes titorías. O alumnado de 2º a 6º de Primaria agardará no exterior das dependencias do centro (no patio cuberto se chove) onde o xefe de estudos asignaralles candaseu titor ou titora.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut