URXENTE: ALGUNHAS REFLEXIÓNS DO PROFESORADO SOBRE A INTEGRACIÓN

Acaban de notificar neste momento que o equipo directivo do Centro está cesado dende o 4 de xullo.

 

Achégase en arquivo un escrito, elaborado polo profesorado de todos os centros de As Pontes, para que se teña en conta ante posibles consecuencias negativas para todos/as.

 


URXENTE: ALGUNHAS REFLEXIÓNS DO PROFESORADO SOBRE A INTEGRACIÓN

 

Achegamos estas reflexións, despois dunha reunión dos profesores/as dos Centros de As Pontes e á vista das instrucións que se están a dar pola Inspección  para o traslado de profesorado e alumnado entre os centros CPI Monte Caxado, CEIP A Magdalena e IES Moncho Valcarce.

·        Cal será o número de alumnado por aula? A Administración está a obrigar a ter 30 en Secundaria e 25 en Primaria, sen ter en conta as necesidades educativas especiais.

·        En Primaria, como manter un grupo de 20 nun Centro e 12 no outro? A Administración obriga a que sexan equilibrados.

·        Será certo que non cambiarán de edificio? Que alumnado terá que moverse? Quen o decidirá? Farase sen contar coas familias?

·        A desaparición de Equipos Directivos non provocará un caos organizativo?. Unha mesma Dirección para instalacións “separadas 500 metros”? Si a ESO queda no Monte Caxado pero dependendo do IES Moncho Valcarce preocúpanos a situación illada que non consideramos positiva para unha boa educación dos alumno/as.

·        Cantas familias van a manter aos seus fillos e fillas nunha ESO que desaparece gradualmente? dita situación durará catro anos? non será un “agasallo envelenado” que fará bo o traslado inmediato?

·        Seguindo co alumnado con necesidades educativas especiais, haberá máis dun coidador/a? ou  a coidadora existente terá que desprazarse dun lugar ao outro?

·        Como se organizarían os profesores/as se quedamos en Centros separados pero sen Dirección propia en cada centro? De quen é esa responsabilidade? Quen non lembra a experiencia, moi negativa e cargada de problemas organizativos, da “extensión” do alumnado de ESO do IES Moncho Valcarce no CEIP A Magdalena?

·        A Administración asegura o mantemento de todos os/as profesionais; entón, por que dende Inspección están a  EStudar a supresión  e redución do profesorado?

·        En canto aos especialistas (profesores de Música, Educación Física, etc) tamén será un “paseando de Centro a Centro”? é posible se os Centros teñen diferentes horarios?

·        Como desempeñará o seu traballo un só orientador con todo este novo alumnado? e de estar en diferentes instalaciónsseparadas 500 metros”?

·        Os horarios eran e son moi diferentes nos Centros de Primaria afectados; é posible coordinar un novo horario sen prexudicar ás familias?

·        As sesións, duración das clases, non coinciden entre os Centros, como axustar os espazos a usar por alumnos/as e profesores? e as actividades complementarias e extraescolares?

·        As seccións bilingües desaparecerán? A Administración dixo que  mantería os programas que había e que se ampliarían onde non os tiñan (no caso das seccións bilingües, poñeríanas para os dous Centros), entón por que a Inspección fala e de suprimila?. Como fiarnos que van a respectar a continuación dos restantes programas (Plan Mellora Bibliotecas; Programa de Reforzo, Orientación e Apoio; Abalar, etc.)?

·        Se un dos centros é Plurilingüe , con un total de seis cursos  nos que se imparte unha das materias en lingua inglesa. Respectarían esta condición?

·        Os proxectos educativos son diferentes e, polo tanto, tamén o son os libros -na ESO  coinciden 3 libros de texto nos catro cursos-, e hai material específico para o alumnado con necesidades especiais que é propio de ese alumnado; onde se porá? quen e como fará os cambios?

·        Que pasa co material dos Centros? Que ocorrerá co material do Laboratorio, taller de Tecnoloxía, libros da biblioteca, etc.?

·        Os libros de texto,  segundo instrucións da Consellería, quedarán os do centro receptor. Como se vai organizar o fondo libros? Como conseguir os mesmos libros para o resto do alumnado se as editoriais lanzan outras edicións?

·        SERÁ MAIOR A OFERTA E A OPTATIVIDADE AO CONCENTRAR AO ALUMNADO? Os itinerarios posibles (Ciencias e Aplicadas) e as materias optativas sonsempre as mesmas. Seguirán a mandar as eleccións das maiorías, xa que non varían os mínimos de alumnado para impartir materias e, sobre de todo, non aumenta o profesorado, pretenden suprimir 8 de 15 profesores en secundaria.

 

 

 

 

 

·        E, para rematar, uns datos das Pontes do Instituto Galego de Estatística, ao respecto do  ano de implantación da actual rede de centros:

ANO

POBOACIÓN

MENORES DE 16 ANOS

1.998

12.473

1.889

2.016

10.399

1.079

Variación

- 2.074 (- 17%)

- 810 (- 43%)

 

Os profesores/as dos Centros solicitamos, fai tempo e por escrito,  información e comunicación por parte da Administración; ninguén resposta, por escrito e con seguridade, a todas estas dúbidas.

 

Achegamos estas reflexións ás familias para telas en conta ante posibles consecuencias negativas para todos/as.

 

 

 

AdxuntoTamaño
URXENTES REFLEXIÓNS def.doc31 KB