EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA



Este venres 16 de xuño fomos de excursión os alumnos e alumnas de 5º  e 6º de primaria. A nosa primeira parada tivo lugar en San Cibrao, onde visitamos o Museo Provincial do Mar. Aquí, a nosa guía Ángeles explicounos diferentes aspectos sobre o mar e os animais do mar. Queremos felicitar a esta magnífica narradora que nos mantivo en todo momento atentos e enganchados ás súas historias e contos. Logo, fomos visitar a Paco de Fra, un carpinteiro de ribeira que nos explicou como se constúen os barcos e as ferramentas que son necesarias para desenvolver este traballo. A Paco tamén temos que agradecer a súa paciencia e dedicación e os seu tacto cos rapaces.

Cando rematamos con isto, non podiamos máis coa famiña e fomos de merenda á praia...alí puidemos comer uns xeados e disfrutar da compañía duns e doutros.

Tras isto, collemos de novo o autobús e dirixímonos cara a Ribadeo, onde gozamos dun paseo pola ruta das Casas Indianas e a súa historia. Tamén puidemos ver o porto de Ribadeo.

Unha vez visto todo isto, tivemos que regresar á casa. Algúns quedarían máis tempo e outros xa tiñan ganas de volver, pero a verdade é que o pasamos moi ben.

Esperamos que o alumnado de 6º de Primaria gozase da súa última excursión desta etapa.