Benvida

Benvidos/as á web do CPI Monte Caxado   

CPI Monte Caxado

 Estamos aquí

 

ESTE LUNS OS ALUMNOS/AS DE FRANCÉS DE ESO RECIBIRON A VISITA DUN CONTACONTOS AFRICANO

 

 

ESPERAMOS QUE GOZASEN CON ESTA ACTIVIDADE E QUE APRENDESEN MOITO!

SEMANA DE CELEBRACIÓNS

Nesta semana temos moito que celebrar, pois varios son os días significativos: o Día mundial da Árbore e o Día Internacional  da Poesía (21 de marzo) e o Día mundial da Auga (22 de marzo) . Estamos a facer moitas actividades e pouco a pouco irán aparecendo nos distintos blogs. Non deixedes de visitalos.

CONCURSO "CARAS DE ENTROIDO"

As gañadoras do concurso foron Guzguz Pellón López e Inés Dominguez López, de 6º de primaria,por ser as que tiveron maior número de acertos.

A POLICIA LOCAL MULTARÁ POR APARCAR NO CARRIL-BICI

A partir do 01 de abril de 2017, comunica a policia local, que se procederá a denunciar a tódolos vehículos que estacionen no carril-bici de diante do colexio. Argumentan que se está a facer un uso abusivo do carril-bici, por parte dos vehículos que estacionan ao longo de Rúa Monte Caxado o que supón risco para as persoas.

 

MARUXA MALLO E ROSALÍA DE CASTRO NO CPI MONTE CAXADO

Alumnado de 2º de Educación Primaria

 

 

Alumnado de 3º de Educación Primaria

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO.

Dende o 13 de marzo ata o día 24 de marzo desenvolverase no Centro unha campaña solidaria de recollida de roupa e calzado usados, infantil e de adultos, en colaboración con S.O.S. Africa.

As familias que queiran participar poden facelo ata o día de recollida, venres 24 de marzo. Hai bolsas no colexio para todo aquel que estea interesado en participar coa súa donación.

NOVA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE RECICLADO AMA

Descargando o seguinte documento adxunto poderedes atopar as bases para o 18º Concurso de Reciclado.

Distribuir contido