enigma actual

NOVO ENIGMA (Semana do 4 de febreiro)

Imos facer un pouco de cálculo para non poñer sempre enigmas relacionados coa historia, a literatura ou a arte... Tes que colocar os signos apropiados (suma, resta, multiplicación ou división) entre os números 6, 3 e 2 para facer que se cumplan as expresións seguintes:

6               3               2   =     5

6               3               2   =     20

6               3               2   =     7

6               3               2   =     4

 

A mover as neuronas e grazas pola vosa participación !!!

NOVO ENIGMA (Semana do 21 de xaneiro)

Terás que baixar unha vez máis á exposición sobre Eusebio no edificio de Secundaria para responder a este novo enigma: Con que 21 palabras relacionarías a vida e a obra de Eusebio? (Observa ben a exposición e pensa nas letras do alfabeto...)

Grazas pola vosa participación!!!

revistadodro@gmail.com

NOVO ENIGMA (Semana do 14 de xaneiro)

Acércate á exposición sobre Eusebio que se atopa no edificio de secundaria e trata de atopar a resposta ao enigma desta semana: Que película lle gustaba particularmente ao autor que lle dá nome ao noso centro? Pedimos título e director.

Grazas pola vosa participación!!!

revistadodro@gmail.com

NOVO ENIGMA (Semana do 7 de xaneiro)

Imos empezar o ano cun tema musical; poderías decirnos a que poeta contemporáneo corresponde a letra da canción de Extremoduro "A la sombra de mi sombra"?

NOVO ENIGMA (Semana do 17 de decembro)

A velocidade mata, eso xa o sabemos todos. E non está de máis lembralo, sobre todo en vísperas dun periodo vacacional como o Nadal,  cos importantes desprazamentos polas estradas que vai producir. Nembargantes, non é un fenómeno actual, nin moito menos... Poderías indicarnos en que data se promulgou a primeira lei do mundo que limitaba a velocidade de circulación polas estradas? E cal era a máxima velocidade permitida?

Grazas pola vosa participación!

                                                                                     revistadodro@gmail.com

NOVO ENIGMA (Semana do 10 de decembro)

Tras este breve parénsese dunha semana, aquí volvemos co enigma, e como nos acercamos ao Nadal, imos plantexar unha pregunta relacionada coa lotería de Nadal, na que os españois gastaron uns 2500 millóns de euros nos últimos anos (cada ano uns 2500 millóns, e eso a pesar da crise!). Pero poderías decirnos cando empezou esto da lotería de Nadal e cales foron os motivos para implantala?

NOVO ENIGMA (Semana do 26 de novembro)

Bueno, a última vez unha das acertantes indicoume que fora demasiado fácil xa que se podía conseguir a ruta da imaxe cun clic... Cousas da tecnoloxía. Hai que aproveitala dende logo, pero tamén probablemente haberá que protexerse dela en ocasións; en fin, polo menos neste caso. De todas formas tomamos nota do erro e xa vos avisamos que non volverá pasar. Así, repetimos un enigma similar con esta nova imaxe, outra parte dun cadro. Pedimos título, autor e ano.

NOVO ENIGMA (Semana do 19 de novembro)

En fin, como xa comentamos no apartado da solución do último enigma, parece que Google nos simplifica moito a vida... Esta semana, ímosvos propor un enigma visual, concretamente unha parte dun cadro. E claro, queremos que nos digades o título do cadro en cuestión e o nome de quen o pintou. Observa...

¡Participade!

revistadodro@gmail.com

NOVO ENIGMA (Semana do 12 de novembro)

Ahí vai un enigma proposto polo profesor de Lingua Galega Carlos Negro: ¿A que dramaturgo se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2013?

¡Grazas pola vosa participación!

revistadodro@gmail.com

NOVO ENIGMA (Semana do 5 de novembro)

Tres carabelas partiron de España en busca das Indias, pero unicamente voltaron dúas daquela primeira viaxe. ¿A que porto amarraría "La Pinta" ao seu retorno?

Respostas ao noso correo revistadodro@gmail.com

 

Powered by Drupal - Design by artinet