solución do último enigma

Solución do último enigma (Semana do 21 de xaneiro)

A solución do último enigma era relativamente fácil xa que se dera unha pista moi evidente (pensar no alfabeto)... Había que fixarse na exposición e nas palabras que encabezaban os diferentes artigos relativos a Eusebio: Álvaro Cunqueiro, Bernardino Graña, Compostela, Dorna, Entusiasmo etc... En hora boa aos acertantes.

Non houbo enigma a semana pasada por problemas técnicos, pero xa poderedes consultar o enigma desta semana hoxe mesmo (martes 5 de febreiro).

Grazas pola vosa participación!!

SOLUCIÓN DO ÚLTIMO ENIGMA (Semana do 14 de xaneiro)

Se fostes á exposición sobre Eusebio, no apartado "vida", puidestes atopar a solución do enigma plantexado: Trátase da película "Fitzcarraldo", de Werner Herzog. Grazas pola vosa participación!!

revistadodro@gmail.com

SOLUCIÓN DO ÚLTIMO ENIGMA (Semana do 7 de xaneiro)

A resposta é Manolo Chinato. Grazas pola vosa participación!

GAÑADORES DO ÚLTIMO ENIGMA (Semana do 17 de decembro)

O 5 de xullo de 1865, o Parlamento Británico aprobou a primeira lei do mundo que limitaba a velocidade de circulación en carretera. Foi unha lei moi severa, xa que o límite estaba en 6 km por hora. E non só eso, unha persoa tiña que correr diante do coche alertando aos peóns do perigo axitando un trapo de cor vermella. Como cambian os tempos...

Parabéns aos acertantes e feliz ano.

SOLUCIÓN DO ÚLTIMO ENIGMA (Semana do 10 de decembro)

Trala Guerra de Independencia, as arcas españolas quedaron temblando, e o 23 de novembro de 1811, as Cortes de Cádiz aprobaron, sin ningún voto en contra, a posta en marcha da "Lotería Nacional", como "un medio de aumentar os ingresos do erario público sin quebranto dos contribuíntes".

 

 

 

SOLUCIÓN DO ÚLTIMO ENIGMA (Semana do 26 de novembro)

O fragmento corresponde ao cadro de Eugène Delacroix, "A Liberdade guiando ao pobo" (1830) e atópase no museo do Louvre.

SOLUCIÓN DO ÚLTIMO ENIGMA (SEMANA DO 19 de novembro)

A parte do cadro exposto corresponde ao "Xuramento dos Horacios", do pintor francés Jacques Louis David (1784).

SOLUCIÓN DO ÚLTIMO ENIGMA (SEMANA DO 5 de novembro)

Este último enigma foi demasiado fácil... Teremos que esforzarnos algo máis para evitar que google nos simplifique demasiado as cousas... En fin, o día das Letras Galegas 2013 será adicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño como xa sabedes os que enviastes as vosas respostas. Grazas por participar e a ver que tal se vos dá o seguinte enigma...

SOLUCIÓN DO ÚLTIMO ENIGMA (Semana do 28 de outubro)

A carabela "La Pinta" chega ao porto de Baiona trala súa primeira viaxe ao Novo Mundo.

SOLUCIÓN DO ÚLTIMO ENIGMA (SEMANA DO 29 DE OUTUBRO)

Trátase da lenda de Jack o´Lantern, un Irlandés que conseguíu enganar ata o mesmo demo, e que, ao morrer, non foi aceptado nin no ceo nin no inferno. Quedou así condenado a vagar polas tebras entre os dous mundos cunha brasa que lle dera o demo, e que el introducira no interior dun nabo previamente baleirado. As calabazas actuais son as herdeiras daquel nabo de Jack o´Lantern. Para consultar a lenda completa (hai diferentes versións), xa sabes, a wikipedia é máxica... (¡Que diría Borges!)

Powered by Drupal - Design by artinet