DAFIS

QUE É DAFIS?

 

  •  DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), é unha ferramenta elaborada ao abeiro do PLAN GALICIA SAUDABLE promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, para facilitarlle aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte a valoración da condición física dos seus alumnos/as, deportistas e da cidadanía en xeral que participa de iniciativas vinculadas á práctica de actividade física e deporte.

 

  • O obxectivo é que @s alumn@s adquiran e consoliden unha vida activa e saudable. Unha das actuacións contempladas  é a valoración da condición física saudable do alumnado.

 

  • Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado que gardan relación coa saúde e permite coñecer en qué estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.

 

  • Ao longo das vindeiras semanas @s alumns@s de ESO e Primaria desenvolverán unha serie de probas seguindo un protocolo no que se valorará a composición corporal, a forza máxima isométrica, a forza explosiva do tren inferior, a flexibilidade, a velocidade, axilidade, coordinación, a forza do tren superior e a resistencia cardiorespiratoria.

Powered by Drupal - Design by artinet