Rede de Centros Solidarios

CARTEL SOLIDARIO

CARTEL SOLIDARIO

Concienciar á poboación de  que os animais de compañía merecen un trato digno é un traballo que se ten que iniciar na escola por eso o Departamento de Tecnoloxía en colaboración co de Linguas Extranxeiras (Inglés) levou a cabo unha actividade que consistiu en deseñar un cartel e traballar un lema que aparece en galego e en inglés. O tema escollido son as condicións nas que viven moitos cans nas nosa comunidade.

O cartel foi deseñado polos nosos alumnos pero as fotos e maquetación foron feitas por un grupo de fotógrafos noveles recén titulados na escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela "La Diapo"

Este foi o resultado:

 

            

 

 

SOLIDARIEDADE, UN BEN PARA TODOS

Os alumnos do noso centro colaboraron con diferentes organismos coa idea de facer actividades solidarias:

COLABORACIÓN CO CONCELLO DE DODRO na recollida de roupa e xoguetes para repartir coas familias máis desfavorecidas do noso concello durante o mes de decembro.

Colaboramos neste proxecto recollendo entre alumnado e profesorado xoguetes e roupa que foron destinados a paliar as necesidades da zona a través á súa vez do voluntariado do concello de Dodro. Os operarios do concello pasaron en dúas ocasións a recoller todo o recadado.

 


 

COLABORACIÓN CON ORGANISMOS DE VOLUNTARIADO  na construción dun BANCO de ALIMENTOS non perecedeiros que foron repartidos entre familias necesitadas durante o mes de decembro.

O banco de alimentos non perecedoiros foi destinado na súa totalidade a Cáritas Milladoiro posto que no momento da recollida de alimentos, o concello no que está ubicado o centro non tiña posto en marcha ningún proxecto destas características. Os destinatarios desta axuda foron os que neses momentos a demandaron con maior urxencia.

As doazóns foron moi diversas e recolléronse abundantes kg de pastas, arroz, lentellas, garabanzos, azucre, fariña, así coma botes de salsa de tomate, froita en almíbar, conservas, aceite e algún productos típicos do Nadal.

  


 

COLABORACIÓN COA CANCEIRA MUNICIPAL de Santiago " O Refuxio de Bando" recollendo obxectos de segunda man e manualidades feitas polos propios alumnos que, no mes de decembro, foron vendidos polos voluntarios da canceira nun "Mercadiño Solidario" coa idea de recadar cartos para o mantemento dos cans e gatos do refuxio. Tamén colaboramos recollendo obxectos e enseres vellos ( mantas, toallas, útiles caninos e "gatunos" como correas, pienso, comedeiros.....) e medicamentos que os encargados da canceira utilizaron para ofrecerlles unhas mellores condicións aos animaliños alí refuxiados.

Houbo ademais, ao longo do curso, outras actividades orientadas a concienciar aos rapaces da necesidade de coidar, respectar e manter en boas condicións aos animais.

 

DODRO SOLIDARIO

Este curso e formando parte do Plan Proxecta  no programa de Rede de Centros Escolares Solidarios colaboramos coa canceira municipal de Santiago de Compostela “ O Refuxio de Bando”.

Aquí poden ver algúns dos obxectos artesanais feitos polos nosos alumnos.

Portaretratos e figuriñas de adorno....

  Xogos para os máis pequenos...

Orixinais chaveiros....

..e ata un precioso bolso.

Ao longo do curso os alumnos de Secundaria distribuiron polo centro carteis que animaban ao resto da comunidade educativa a colaborar coa nosa causa. Aquí podedes ver unha mostra dun deles:

 

 

Seguimos a colaborar coa canceira polo que podemos continuar a traer enseres vellos (mantas, toallas, comedeiros, correas vellas,........incluso pienso!!!!) para os cans e os gatiños que se atopan sen fogar e dependen de nós para sobrevivir.

 

 

AXUDÉMOSLLES, SEXAMOS SOLIDARIOS!!!!!!!

 

 

REUTILIZAMOS MEDICAMENTOS!

Outro xeito de colaborar coa canceira foi solicitar á veterinaria da mesma un listado de medicamentos de humanos que puideran ser de utilidade para os animais. Dito listado publicouse na web do centro coa seguinte redacción:

Aquí tedes o listado de medicamentos de humanos que recollemos para os cans e gatos do refuxio:

Facede click para acceder.

IMPORTANTE!!!!!!!. Aqueles que teñades nenos pequenos traede os medicamentos vós mesmos ou mandadeos por algún alumno dun curso superior!!!!

Grazas pola vosa colaboración.


Os medicamentos reunidos , aínda que non moitos, foron entregados pola coordinadora do programa á veterinaria do refuxio.

 

 

COLABORAMOS!!!!!!

Seguimos a colaborar co "Refuxio do Bando":

AS MANUALIDADES FEITAS POLOS NOSOS ALUMNOS DE PRIMARIA E 3º PDC (principalmente chaveiros e marcapáxinas) FORON POSTAS Á VENDA TAMÉN NA FEIRA DA PRIMAVEIRA NA RÚA DE SAN PEDRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) QUE SE  CELEBROU O  SÁBADO DÍA 4 DE MAIO.

 

OS ENCARGADOS DE VENDELAS FORON, COMA EN OCASIÓNS ANTEROIORES, OS RESPONSABLES E VOLUNTARIOS DO “REFUXIO DO BANDO” E OS CARTOS RECADADOS ADICÁRONSE ÁS NECESIDADES DOS ANIMAIS DO PROPIO REFUXIO.

 

 

 

Este tipo de eventos foron comunicados aos pais e nais  a través da nosa web e tamén cunha notificación por medio do alumnado.

"MICROMOVIE"

Durante o mes de maio os alumnos de 4º de ESO realizaron unha micromovie en colaboración co proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e Coordinado por Arelar Xestión Socioeducativa "Micromovie polo Voluntariado" (ENLACE) para tratar de concienciar aos donos de cans e gatos da necesidade de ofrecerlles un trato digno.

A continuación se pode ver a "campaña" que subiron á páxina web do CPI para promocionar o corto:

 

Os alumnos de 4º de ESO estamos a levar a cabo unha actividade, dentro do Plan Proxecta, máis concretamente formando parte das Redes Escolares Solidarias, na que realizaremos unha "micromovie" como protesta polas condicións nas que se atopan moitos cans e gatos no noso rural. Dende o noso centro queremos solidarizarnos con eses animaliños que sofren por falta de atención, saúde , en moitos casos alimento e, o que é máis importante, por falta de cariño. SE NON LLE PODES OFRECER TODO ESTO, NON O TEÑAS!!!!!!. Este é un dos nosos lemas.

Agradecemos o voso interese.

Tamén participaron na "wiki" de Arelar aportando lemas solidarios e respostando ás preguntas solidarias que se plantexaban na páxina. Aquí se mostra o enlace.

Tamén se poden ver imaxes da grabación da micromovie:

E a nosa mellor actriz..........."Blue"



CARTEL SOLIDARIO

Concienciar á poboación de  que os animais de compañía merecen un trato digno é un traballo que se ten que iniciar na escola por eso o Departamento de Tecnoloxía en colaboración co de Linguas Extranxeiras (Inglés) levou a cabo unha actividade que consistiu en deseñar un cartel e traballar un lema que aparece en galego e en inglés. O tema escollido son as condicións nas que viven moitos cans nas nosa comunidade.

O cartel foi deseñado polos nosos alumnos pero as fotos e maquetación foron feitas por un grupo de fotógrafos noveles recén titulados na escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela "La Diapo"

Este foi o resultado:

 

            

 

 

A LECTURA TAMÉN NOS FAI SOLIDARIOS!!!!!! 

Na área de Lingua Castelá traballouse a solidariedade dende a lectura. O libro " El viejo y el mar" de Ernest Hemingway deu pé a facer debates.

 

Nos cursos de terceiro e cuarto da E.S.O. os alumnos traballaron o tema da solidariedade a través da lectura e comentario de El viejo y el mar e a súa posterior posta en común. Ao mesmo tempo este tema tratouse de forma transversal en comentarios de texto e exemplos de secuencias para análisis.


 

Powered by Drupal - Design by artinet