Axenda 21 Escolar

"SUSTENTEMOS" O NOSO PLANETA

Este proxecto consistiu en realizar actividades relacionadas coa sustentabilidade e coidado do medioambiente. Tratáronse temas como o aforro enerxético, reutilización, redución e reciclaxe, consumo responsable e coidado e conservación dos nosos montes.

ÁRBORES DE NADAL

Unha das primeiras actividades realizadas foi durante o mes de decembro. Un grupo de alumnos de 3º PDC fixeron dúas árbores de Nadal utilizando a estrutura dunha persiana vella e variñas de paraugas rotos polo temporal. Tamén o nacemento que, este ano, foi feito con útiles de cociña vellos (por aquelo de que tamén participamos no proxecto de Hábitos Alimenticios Saudables.)

    

 

 

 

 

 

TRABALLOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Os alumnos de 2º, 3º PDC e 4º de ESO realizaron os seus proxectos da área de Tecnoloxía utilizando material de refugallo: a construcións de máquinas hidráulicas tradicionais  en 2º de ESO e da maqueta dunha piscifactoría en 4º feitas con madeira reutilizada son algúns dos traballos que os alumnos do noso centro elaboraron ao longo do curso. 

 

   

 

 

              

Aquí se ve un exemplo das maquetas que realizaron  ao longo do curso e o proceso de elaboración:

  4º ESO

   2º ESO

Dende o departamento de Tecnoloxía tamén participaron na construción do escenario de dúas obras de teatro que se representaron a finais de curso. O material usado para estes traballos é cartón, porexpán, plásticos... procedentes das caixas que se reciben no centro cos diferentes envíos.

Aquí se poden ver algúns dos exemplos:

                

Tamén se fixeron caretas e outros elementos de atrezo:

          

   


LABORES DE REPOBOACIÓN DOS NOSOS MONTES

A prantación de carballos prevista para este curso escolar resultou imposible de realizar debido ás adversas condicións meteorolóxicas. Decidimos  aprazala e transplantar as árbores  a recipientes (de refugallo e aportados polos alumnos) máis grandes e facer a prantación no monte o inverno próximo.

Preparando as "macetas"

O grupo de alumnos de 3º PDC transplantou os carballos a recipientes máis grandes traídos por alumnos de todo o colexio. Aproveitamos  dende  caldeiros vellos ata cubos de pintura e garrafas de auga e de xabrón. Unha vez lavados os recipientes fixéronselles un buratos na base  e xa estaban listos para albergar unha arboriña.

Aquí podedes ver parte do proceso.

 

O transplante

 

Aquí se pode observar a prantación ao completo

 

PROXECTO DE TECNOLOXÍA DE 3º DE ESO

Os traballos de taller realizados polos alumnos de 3º de ESO na área de Tecnoloxía incluiron a realización de maquetas de vivendas a escala con material de refugallo e nas que se realizaron as instalacións de auga quente e fría, gas, calefacción e sistema de eliminación de augas residuais. Previamente foran decoradas e feitos os tellados na área de Educación Plástica e Visual.

GRUPO I:

 

GRUPO II:

 

 

 

PROXECTO DE TECNOLOXÍA DE 4º DE ESO

Rematado o traballo práctico dos alumnos de 4º de  ESO na materia de Tecnoloxía.

Foi un proxecto desenvolvido ao longo do curso e no que se inclúen diferentes conceptos impartidos durantes os tres cursos nos que se imparte esta materia na ESO: electricidae, electrónica, madeira, operadores mecánicos, hidráulica e pneumática e  enerxías renovables. Tamén se fai fincapé na importancia da utilización de material de refugallo para este tipo de traballos como por exemplo o uso de cargadores vellos de móviles en lugar de pilas e o  aproveitamento de madeira cedida por una fábrica de mobles.

 

Este foi o resultado:

 

 

PRIMARIA E A SUSTENTABILIDADE

Os alumnos de primaria tamén utilizaron diversos materiais de refugallo nas súas actividades de Educación Física.

ACTIVIDADES CON CAROZOS

 1º.- Libre exploración do material. Que podemos facer con carozos?

 Aceptamos as propostas do alumnado: usámolo de micrófono, de orellas, de nariz, de pene, de bastón, de lápis, de espada,...

2º.- Lanzamentos e recepcións. Individual e en parellas.

-          Quen o lanza máis lonxe?

-          Quen o lanza máis alto?

-          Quen o recolle a maior altura?

-          Quen o recolle a ras do chan?,...

3º. Equilibracións: na cabeza, nos ombros, na espalda, no xeonllo,...

 

 

 

4º.- Malabarismos, con dous, con tres,...

5º.-Golpeos: cun carozo na man, lanzamos outro ao aire e hai que golpealo.

Golpeos co pé (carozo-pé).

6º.- Transporte en distintas partes do corpo.

 

 

 

Transporte en parellas.

7º.- Carreira de relevos.

8º.-Xogo dos paquetes: un montón de carozos no medio, hai que formar os paquetes que se indiquen, por ex. Paquetes de 4, paquetes de 2+3, paquetes de 7-1, paquetes de 2x4,...

9º.- Construccións individuais: castelos, camiños, formas, letras,...


10º.- Construcción en grupos pequenos, desenvolvemos a nosa creatividade.

11º.- Construcción en gran grupo: entre toda a aula elaboramos un circuito, unha obra de arte,...

12º.- Baile do carozo. Un carozo para todos.

Bailamos libremente ao son da música mentras imos pasándonos o carozo. Cando o son para o que se queda co carozo terá que superar unha proba elexida por consenso entre todos.

 

ACTIVIDADES CON XORNAIS

1º .- Libre exploración do material: unha folla de xornal a cada alumno. Que podemos facer con ela?

elaborar prendas de vestir co papel (bufandas, gorros, saias,...),elaborar obxectos de adorno: pulseiras, colares, floreiros, cadros


2º.- Representamos as árbores no outono: esnaquizamos a nosa folla en anacos pequenos simulando as follas, plantámonos, representamos o movemento das árbores co vento suave, co temporal, ... e as follas que lentamente van caendo. Traballamos os conceptos de folla perenne e caduca. Xogamos a taparnos coas follas, tapamos aos nosos compañeiros,...Facemos chuvia de papel.


3º.- Representamos as aves no outono: voamos libremente,  abrigámonos, migramos,...

4º.- Realizamos xogos relacionados co inverno:

-          Unha folla debaixo de cada pé: esquiamos, facemos piruetas,...


-          Co cu enriba da folla simulamos un trineo. Deslizámonos, organizamos carreiras,...

-          Facemos unha batalla de bolas de neve.

Podemos poñernos enriba da folla de espaldas, de barriga, de xeonllos,...

5º.- En parellas, desplazarse cunha folla no medio sen que caia. Entre as frentes, as espaldas, os xeonllos,...

Facer un baile coa folla no medio sen que nos caia.

6º.- Pasar unha folla de uns a outros sen utilizar as mans.

7.- Equilibracións:

Cunha folla sobre a cabeza, desprazarse sen que caia. Igual sobre os brazos, nas pernas, co peito,...

8.- Facer unha bola coa folla. Que podemos facer con ela? : rodala polo chan, lanzala e recollela, pasala en parellas, encestala na papeleira,  xogar ao fútbol, baloncesto,...

9º.- Recollemos todo, unimos os restos con cinta de embalar e construimos unha pelota xigante que nos dará opción a realizar múltiples actividades.

 

 

XOGAMOS COAS CHAPAS!!


Montamos un obradoiro de preparación de chapas: unhas recheámolas con plastilina, outras esmagámolas con pedras para que quedaran planas.

Xogamos a: As chinitas,   a raia, os camiños.


-         

-      

 

 

MANUALIDADES EN PRIMARIA

Debido á nosa participacion no programa de Redes Escolares Solidarias do Plan Proxecta, colaboramos durante o curso coa canceira municipal "Refuxio do Bando" de Santiago de Compostela realizando manualidades feitas con material de refugallo (madeiras vellas, chapas de botellas, corchos, camisetas e útiles vellos que os alumnos aportaron). Estas manualidades foron vendidas polos responsables e voluntarios da canceira nun mercadiño solidario. Algunhas delas foron as que vedes nas imaxes.

Reutilizando prendas de vestir.

 

Con poexpán das caixas de embalaxe e algúns corchos de botellas.

Chaveiros feitos con porexpán e madeira de refugallo.

 

 

A MÚSICA TAMÉN REUTILIZA!!!!!

Dende o Departamento de Música fíxose unha actividade que consisitiu en crear música utilizando enseres vellos (caldeiros, baldes, un bidón, copas...). Realizáronse dous concertos ao longo do ano.


Powered by Drupal - Design by artinet