ACTIVIDADES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar a semana contra a violencia de xénero O EQUIPO TÉCNICO DO PROGRAMA SOCIOEDUCATIVO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO impartiu charlas sobre o tema para o alumnado de 3º e 4º de ESO dentro dun programa que leva por título "Suprime o control". Estas charlas terán continuidade no 2º e 3º trimestre.

PISCINA E MUSEOS

O alumnado de primaria realizou, o xoves día 10 de novembro, unha saída didáctica organizada polo departamento de Educación Física que consistiu nunha actividade na piscina de Rianxo que non só contou con baño e actividade física (creo que algún/a moveu moito o esqueleto nas clases de Zumba) senon con visita ás instalacións da piscina. Os monitores/as foron encantadores polo que damos as grazas de corazón. Está previsto que veñan ao centro facer recreos saudables para este mesmo alumnado.

Aproveitando que estaban nesta preciosa vila visitaron tamén a Aula Activa, o Museo do Mar e a casa de manuel Antonio.

No ENLACE tedes unha pequena galería de fotos epicando en PRIMARIA accededes á páxina do cole onde tedes máis información sobre a actividade.

PITUSA SEMIFUSA

O día 3 de novembro os alumnos de 1º e 2º de primaria desfrutaron dun divertido concerto en Santiago de Compostela: "Pitusa Semifusa e as familias de instrumentos".

Nos enlaces tedes o acceso ás galerías de foto:   ENLACE1

ENLACE2

 

SAMAÍN, MAGOSTO, HALLOWEEN 2016

 

 

 O venres día 28 de outubro celebramos o Samaín, o magosto e halloween....houbo de todo: lectura de contos de medo, obra de teatro, exposición de cabazas, concurso de contos de misterio con premios incluídos (os premios tamén foron un misterio xa que non nolos ensinaron...sospeitamos que foron libros e cómics)....

 

 

As fotos poderedes velas nos enlaces adxuntos: enlace1 e enlace2

Grazas a todos por colaborar !!!!!

URXENTE!!!!!!

 

 

TRES CANCIÑOS DE RAZA PEQUENA PRECISAN FAMILIAS DE ADOPCIÓN. É MOI URXENTE. SE ALGUÉN ESTÁ INTERESADO PODE CONTACTAR A TRAVÉS DO NÚMERO DO COLEXIO 881867041. 

SER SOLIDARIOS NON IMPLICA TER QUE ADOPTAR, TODOS PODEMOS AXUDAR SIMPLEMENTE COMPARTINDO ESTA INFORMACIÓN.

Poñeremos fotos en breve.

Grazas pola posa colaboración

MAGOSTO E SAMAÍN

 

 

O vindeiro venres 28 de outubro celebraremos o Magosto, Halloween e o Samaín no colexio. Ás 9:15 haberá unha representación teatral e contacontos a cargo de alumnado de secundaria  e sobre as 10:30 participaremos en obradoiros de pintura de cara e xogos populares. Desfrutaremos ademais da exposición de cabazas feita polo alumnado de primaria que estará exposta no patio interior de primaria e na biblioteca.

Asaremos castañas pero, este ano, non poderemos ofrecer ao alumnado a degustación de chourizos que era costume asar nesta data xa que non contamos con persoal de conserxería para a organización e desenvolvemento da actividade.

O remate da celebración será PARA TODO O ALUMNADO ás 12:40 horas e recordamos ás familias que o luns 31  e o martes día 1 non serán lectivos.

Contamos coa vosa  participación, estades todos invitados!!!

O MISTERIO DAS FORMIGAS

 

Hoxe contamos coa presenza de Alba Aguión que nos deleitou cunha interesantísima charlas sobre formigas e cigarras desmontando o mito dos contos populares sobre o traballo que realizan estes dous tipos de insectos.

Grazas Alba por estar sempre disposta a compartir o teu traballo e coñecementos con nós!!!

NOVO HORARIO ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

Estimados pais/nais, por motivos de organización das familias a ANPA solicita un cambio no horario de atención ás mesmas polo que o novo horario será de 11:00 a 13:35 pero NON SE ATENDERÁ AO PÚBLICO DURANTE O RECREO ( de 12:30 a 12:50 de luns a xoves e de 12:40 a 12:50 o venres).

Grazas e un saúdo.

A dirección

VACACIÓNS EN PAZ

ABERTO O PRAZO PARA A CAMPAÑA "VACACIÓNS EN PAZ" que consiste en solidarizarse co pobo Saharaui, acollendo na vosa casa durante os dous meses de verán a unha nena ou neno refuxiado Saharaui.

Para máis información picar no ENLACE

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado día 19 de setembro  contamos coa presenza de dous membros de Protección Civil Terras de Iria. Coa súa axuda e explicacións o profesorado do CPI lembramos os protocolos de primeiros auxilios en casos de contusións, queimaduras, picaduras, ... e tamén aprendemos a poñer en práctica a RCP (reanimación cardiopulmonar). Atoparedes máis información no ENLACE

Powered by Drupal - Design by artinet