Xefatura Ed. Infantil/Primaria

RESULTADOS VOTACIÓN XORNADA ÚNICA

Estimadas familias.

Comunicámoslle que unha vez rematado o reconto de votos, o resultado foi de 82 votos a favor e 7 en contra, polo tanto un 63% a favor da xornada única que se implantará para o vindeiro curso en educación infantil e primaria.

Grazas pola vosa participación.

Un saúdo

FOTOS ENTROIDO

Estimadas familias

 

Poden ver as fotos do Entroido na Aula Virtual do centro. Deberán entrar co usuario e contrasinal de cada alumno/a.

Pica na imaxe para ver unha breve explicación.

 

 

Un saúdo

 

VOTACIÓN XORNADA ÚNICA

Estimadas familias

Nos seguintes enlaces podedes consultar información relacionada coa  xornada única, enviaremos por correo ordinario a carta de información a cada familia na que se indica:

Día da votación: 25 de febreiro de 2021

Horario: 9:30 h a 19:00 h

Lugar: Entrada norte (transporte) do colexio.

Agradecemos  a vosa partición.

Se picades na imaxe podedes descargar a carta enviada ás familias

 

Podedes consultar o proxecto de Xornada única no enlace.

O censo de familias está exposto na entrada do colexio dende o día un de febreiro; dada a situación actual, poden chamar ao centro para consultalo.

O horario proposto  será o seguinte:

ENTRADA/AUTOBÚS 09:20                                            
CLASES 09:20 - 14:30 (Recreo 12:20-12:50)
XANTAR 14:30 - 15:00
RECREO COMEDOR 15:00 - 15:30
OBRADOIROS 15:30 - 16:15 (impartido por mestres/as)
SAÍDA AUTOBÚS 16:15

 

Un saúdo

HORARIO CURSO 2020/21

O horario para o vindeiro curso, e de xeito exepcional, por motivos organizativos do centro para dar cumprimento ao protocolo Covid, é o seguinte:

  LUNS A XOVES        VENRES
  PERÍODO LECTIVO COMEDOR TRANSPORTE    PERÍODO LECTIVO   COMEDOR TRANSPORTE
EDUCACIÓN INFANTIL 9:20 a 14:30 h 14:30 h

 16:15 h

9:20 a 13:40 h

13:40 h 14:10 h
EDUCACIÓN PRIMARIA 9:20 a 14:30 h 14:30 h  16:15 h 9:20 a 13:40 h 13:40 h 14:10 h
EDUCACIÓN SECUNDARIA   9:20 a 13:50 h

14:35 a 16:15 h

13:50 h 16:15 h 9:20 a 13:10 13:10 h 14:10 h

INICIO CURSO 2020/2021

Estimadas familias

Benvidos ao inicio do novo curso.

COMEZO DE CLASES

INFANTIL/PRIMARIA

10 de setembro: 4º e 5º de E Infantil e 1º,2º e 3º de E Primaria.

11 de setembro: 6º de E infantil e 4º,5º e 6º E Primaria.

SECUNDARIA

16 de setembro: 1º e 2º Eso

17 de setembro: 3º Eso

18 de setembro: 4º Eso

REUNIÓN COAS FAMILIAS

INFANTIL/PRIMARIA

Dada a situación na que nos atopamos en Educación INFANTIL E PRIMARIA, nos vindeiros días teremos as REUNIÓNS coa FAMILIA. Celebraranse no patio norte, na entrada do transporte escolar e mantendo sempre as medidas de seguridade marcadas. Deberá asistir un so membro da unidade familiar.

CURSO DÍA HORA
4º INFANTIL 3 10:00
5º INFANTIL 3 12:00
6º INFANTIL 4 10:00
1º PRIMARIA 4 12:00
2º PRIMARIA 7 10:00
3º PRIMARIA 7 12:00
4º PRIMARIA 8 10:00
5º PRIMARIA 8 12:00
6º PRIMARIA 9

10:00

SECUNDARIA

Pendente de determinar calendario

Enlace Resolución 1 de setembro Incorporación gradual aos centros educativos

Un saúdo

DESCARGA LIBROS VICENS VIVES

Por problemas de  velocidade na descarga de datos para traballar online cos libros de Vicens Vives, podedes descargalos no ordenador e conectariades a internet solo cando sincronicedes para enviar as actividades.

Picade no enlace para ver instruccións

Grazas

Un saúdo

AVISO IMPORTANTE FAMILIAS (ABALAR MÓBIL)

TEDES QUE  DESCARGAR NO VOSO TELÉFONO MÓBIL A APLICACIÓN PARA RECIBIR O BOLETÍN DE NOTAS DOS VOSOS FILLOS/AS

PICA AQUI PARA VER INSTRUCCIÓNS   Se tedes problemas na descarga, chamade o teléfono do centro ou mandade un correo electrónico.

 

VÍDEO XUNTOS

Dende o CPI, moito ánimo a todos!! VÍDEO XUNTOS

Powered by Drupal - Design by artinet