Teredes que facer as mencionadas o xoves na hora de titoría. Se algún alumno non asistiu a clase, que se poña en contacto con calquer compañeiro para que lle facilite as tarefas. Non descarto colgar algunha máis.
Ola a tod@s! Como o encerro continúa.... deixo máis traballo. Asi, para as tres semanas seguintes os contidos a estudiar serán:
Tema 8: Funcións e Gráficas.
Tema 9: Funcións lineais e cuadráticas.
Durante esta semana revisades a teoría, debería resultarvos sinxelo xa que o vimos todo con moito detalle en 2º ESO. Estade pendientes xa que a semana próxima aparecerán exercicios e traballo a realizar.