Preme no televisor
para acceder ao vídeo explicativo
* *
* *
* *
Paseniño, paseniño... fomos chegando.
Aquí está a última semana deste "un-pouco-peculiar" curso.
E coma sempre adicarémonos a facer algo diferente, algo que xa arrecenda a verán...
* * * * *
* * * * *
Empezaremos cun xogo: Pass the word
liveworksheets.com
Recordade que neste sitio web atoparedes milleiros de fichas!
Por se vos animades durante o verán...
* * * * *
Seguiremos cunha mandala: elixe unha; todas teñen unha estupenda mensaxe en inglés.
Os nenos e nenas de primeiro saben moi ben como se fan: despaciño, cada día un pouquiño e sempre que o necesitemos para relaxarnos e pasar un momento tranquilo e agradable durante o estío...
E sempre, sempre...
con moitas cores!
* * * * *
E para rematar, máis xogos para repasar!
Aquí vai o último vídeo deste curso escolar
feito coas vosas últimas aportacións
E xa para despedirme,
quero agradecer a todos os papás, mamás, irmáns, primos, avós, tíos, amigos, veciños, etc.
que axudaron a cada un "dos meus nenos" a seguir adiante neste confinamento,
a todos os que fixestes posible que seguiran a traballar, aprender
e desfrutar
a pesares das condicións tan especiais que nos tocou vivir neste terceiro trimestre.
Unha aperta e un bico enormes para todos!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
1.jpg | 67.43 KB |
2.jpg | 52.61 KB |
3.jpg | 71.5 KB |