INFORMACIÓN RELATIVA Á MANEIRA DE TRABALLAR E AVALIACIÓN NA TERCEIRA

 

 

Durante o terceiro trimestre o Departamento de Matemáticas seguirá traballando telemáticamente ou presencialmente , se é o caso, co seu alumnado. Tentará que en todo momento se sinta apoiado e animado na súa aprendizaxe. Levaranse a cabo actividades de repaso, reforzo e ampliación en contidos fundamentais para o vindeiro curso. Tamén se elaborarán actividades de recuperación destinadas a aquel alumnado que teña algunha avaliación suspensa ou ben a materia pendente de cursos anteriores, facilitando asi a superación da mesma.

No que respecta á avaliación farase do seguinte xeito:

  • Alumnado coas dúas avaliacións presenciais aprobadas e participación no traballo desenvolvido neste terceiro trimestre , tería aprobada a materia. A súa nota sería a media aritmética das notas obtidas nas dúas avaliacións presenciais, podendo verse incrementada ata nun punto dependendo do grao de implicación e a corrección do traballo levado a cabo durante este periodo de confinamento.

  • Alumnado con algunha avaliación suspensa ou ben coa materia pendente de cursos anteriores terá que realizar as tarefas que o profesorado lle fará chegar telemáticamente , ditas tarefas consistirán en boletíns de exercicios e problemas relativos aos contidos a superar. E ese sería o traballo a ter en conta para decidir se queda superada ou non. De haber a posibilidade de incorporarse ás aulas en Xuño, faríanse probas escritas que contarían un 70% e as tarefas enviadas o 30%.

    Todo o recollido anteriormente pode ser susceptible de cambios no caso de que a Consellería emita outras indicacións.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet