Programa de Radio Escolar de 6º de Primaria.

Picade na seguinte foto para saber mais.

CHARLAS SAÚDE BUCODENTAL

 GRAZAS A ANTÍA E A SÚA COMPAÑEIRA Mª CARMEN POLAS CHARLAS E O AGASALLO QUE NOS REPARTIRON.

CEA ALUMNADO 3º E 4º ESO

 

O alumnado de 3º e 4º da Eso agradecen a colaboración dos establecementos para a cea de recaudación de  fondos para a excursión de fin de etapa.

Podcast do Obradoiro de Radio EScolar

Picade no seguinte enlace para escoitar os dous programas que saíron do Obradoiro de Radio Escolar celebrado na Biblioteca do cole o luns 19 de febreiro. 

https://ondehabitanasletras.blogspot.com/2024/02/novos-programas-de-radio.html

Poemas para o Día de Rosalía

Picade no seguinte enlace para escoitar o programa de radio grabado polos alumnos de 3º de ESO para conmemorar o Día de Rosalía:

https://ondehabitanasletras.blogspot.com/2024/02/poemas-para-o-dia-de-rosalia.html

 

 

O alumnado de Infantil e Primaria interpretou "Adiós ríos, adiós fontes" coa axuda da profe Miriam e o profe Alex e escribiron versos dos poemas de Rosalía nun mural.

Radio na Biblio

 

Onte luns 19 de febreiro, tivemos un taller de Radio a cargo de Damián Alonso, de de Ponte nas Ondas no que os alumnos de 6º de Primaria e 1º de ESO aprenderon a programar, grabar, editar e compartir un programa. 

E pola tarde tivemos unha sesión para os profes, esta vez no local da nosa radio.

Experiencia de Costura POLOS CREATIVOS

Na semana previa a o Entroido, os alumnos de 6º de Primaira e 1ºde ESO estiveron a facer patronaxe e a experimentar coa máquina de coser prestada por Polos Creativos. Foron orientados pola profesora Ana Quintela e por outros membros da Comunidade Educativa, profes e colaboradoras de Comedor Escolar.

Para ver un vídeo con mais fotos podedes picar no seguinte enlace:

https://www.instagram.com/p/C3ab3H-NSLk/

ENTROIDO 23/24

MOITAS GRAZAS A TODOS POLA PARTICIPACIÓN E UN AGRADECEMENTO ESPECIAL Á ANPA POLA COLABORACIÓN NA CHOCOLATADA.

BO ENTROIDO!!

Powered by Drupal - Design by artinet