Saltar navegación.
Inicio

RESERVA DE PRAZA PARA BACHARELATO. CURSO 2017/2018

Dende este curso o noso centro está adscrito aos centros de Bacharelato IES As Fontiñas e IES A Pontepedriña de Santiago. Isto significa que o alumnado de 4º ESO que queira cursar Bacharelato nos citados centros, terá prioridade para a admisión neles.

  • O alumnado que teña previsto escolarizarse no vindeiro curso escolar nun destes dous centros debe facer a RESERVA DE PRAZA no CPI Fonte Díaz. Para iso debe entregar, antes do 15 de febreiro, o impreso ED550A que se adxunta debidamente cuberto, ou ben facer a solicitude a través do enderezo www.edu.xunta.es/admisionalumnado. O día 28 de febreiro publicaráse a adxudicación definiva. 

  • O alumnado que teña previsto escolarizarse nun centro distinto a estes dous debe facer a solicitude de ADMISIÓN no centro escollido do 1 ao 20 de marzo, entregando o impreso ED550B que estará dispoñible na secretaría, na páxina web ou poderá ser tamén cuberto online a través da aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

 

AdxuntoTamaño
reserva_praza_ED550A.pdf876.74 KB
admisión_bach_ED550B.pdf1.01 MB