Saltar navegación.
Inicio

Apertura proceso de admisión 19/20

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019-2020

 IMPRESO DE ADMISION. MODELO ED 550B

 NOTA INFORMATIVA

 Normativa reguladora:

 -DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 245 - 26/12/2012)

 -ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos (DOG 53 - 15/03/2013)

 -ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 22 – 1/02/2017)

 Reserva de praza

             Aos alumnos/as actuais do centro realízaselle a reserva automática, agás que os seus pais/nais ou titores legais manifesten o contrario. 

 Solicitude de admisión:

             Presentará a solicitude de admisión o alumnado de novo ingreso que queira solicitar praza neste centro. A solicitude será única e o prazo de presentación será do 1 ao 20 de marzo.

 Presentación de solicitudes:

 1.- De forma electrónica:

 - As solicitudes de admisión  cúbrense mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e entrégase no centro.

 - Pódese cubrir na aplicación anterior e presentala en SEDE ELECTRÓNICA.

 2.- De forma presencial: na secretaría do centro indicado como primeira opción.

 Documentación a entregar:            

 -       Solicitude de admisión: formulario normalizado (ED550B) ANEXO II dispoñible na secretaría do centro, na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web do centro.

 -         Fotocopia do libro de familia onde figure o alumno/a.

 -         D.N.I da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a consulta telemática de datos.

 -        Certificado de empadroamento no caso de solicitar servizos complementarios.

 -         Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso.

 -         No caso de alumnado con necesidades específicas de apoio, documentación que acredite as circunstancias alegadas.

             A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos/as proxenitores/as, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

             No suposto de alumnado afectado por violencia de xénero non será esixible o previsto no parágrafo anterior.

 Publicación de admitidos/as:

 - Listaxe provisional de admitidos e non admitidos: publicarase antes do 25 de abril. Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 - Listaxe definitiva: Antes do 15 de maio.

 Formalización de matrícula:  

             A formalización de matrícula deberá axustarse ao modelo normalizado Anexo III (dispoñibletamén na secretaría ou na páxina web do centro) e terá lugar nos seguintes prazos:

             Infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño

             Secundaria:     

             Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo

             Prazo extraordinario (alumnado con materias pendentes en xuño): do 1 ao 10 de setembro

 Nota informativa

 ·         Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar. A infracción neste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 ·         O alumnado actual ten garantía de permanencia no centro. Se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 ·         O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión

 ·         O CPI “Fonte Díaz” está adscrito ao IES Fontiñas e ao IES Pontepedriña.

 ·         Os servizos complementarios que ofrece o centro son o de comedor (O. 21 de Febreiro de 2007 e D. 132/2013) e transporte escolar (Instrucción 3/2017 da Secretaría Xeral Técnica).

O CPI Fonte Díaz de Touro informa que sen prexuízo de que no centro non sexa lectivo o día 20 de marzo,  na sede electrónica o 20 de marzo será o último día para presentar a solicitude de admisión.