Saltar navegación.
Inicio

INFORMACIÓN RECOLLIDA LIBROS E FONDO SOLIDARIO EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas  familias:

Informámoslles que os próximos días 19 e 20 de xuño levaremos a cabo a recollida dos libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria  recibidos do  fondo solidario no curso 2016 / 2017.

Cada alumno e alumna entregaralle os libros ao seu Titor ou Titora quen  se encargará de rexistrar a súa devolución.

Pregámoslle que  poñan especial coidado sobre todo naqueles libros que teñen 3 volúmenes,  un  para cada trimestre, posto que  afalta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2017/18.

 A resolución da convocatoria para o próximo curso será:

 -      Día 11 de xullo: publicación das listaxes provisionais de admitidos/as no fondo solidario (3º, 4º, 5º, 6).

-      Día 12 e 13 de xullo: presentación de reclamacións.

-      Día 18 de xullo: publicación da listaxe definitiva.

-      Día 4 e 5 de setembro entrega de libros no Centro en horario de 10:00 a 14:00.

Para a recollida dos vales para adquirir os libros de texto de 1º e 2º de primaria e os  vales de material, consultar no colexio a principios de xullo.