Saltar navegación.
Inicio

URXENTE!!! Suspensión de transporte escolar por alerta laranxa.

Tal e como informamos na circular repartida ao alumnado, foinos comunicado desde a Xefatura Territorial de Educación a suspensión do transporte escolar por alerta laranxa de neve entre as 12 horas do día 22 e as 12 horas do día 23 de marzo que afectará ás zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña (na que se sitúa o Concello de Touro). Para aclarar un pouco máis, agora mesmo, a situación é a seguinte:

  • Non se suspenden as clases nin o mércores 22 nin o xoves 23.

  • O mércores día 22: O transporte escolar recollerá ao alumnado nas paradas no horario habitual e levarao ao centro, pero non o devolverá ás casas á saída de clase. As familias deciden a asistencia ou non a clase dos seus fillos e fillas, pero se asisten teñen que pasar a recollelos no centro á saída da escola.

  • Xoves día 23: O servizo de transporte non recollerá ao alumnado nas paradas para levalo ao centro , pero si o devolverá ás súas casas , unha vez que rematen as clases, a todo o alumnado que asista ao centro.

  • Suspéndense as actividades no exterior das instalacións dos centros escolares durante o período de alerta.



Para máis información poden consultar no portal educativo da consellería premendo aquí.

Se houbese algunha outra novidade comunicarémola por este medio.

 

O equipo directivo.